Arquivo da categoría: Música
O Porriño: Gala de entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño 2024
San Bartolomeu, Meira, Moaña: XIX edición de Arte na Illa
Celanova: presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
Valdoviño: presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
A Coruña: presentación de Dispersión, de Ana López
Crónica fotográfica da lectura pública na Coruña da obra de Luísa Villalta
Estas son algunhas das fotografías da lectura pública de Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas que tivo lugar na Coruña o 12 de maio, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Versos na Baixamar en Barreiros 2024
Versos na Baixamar en Barreiros 2024 é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo.
O domingo 26 de maio, ás 12:00 horas, na Escola de Reinante, co gallo do Día das Letras Galegas, terá lugar a cuarta edición do ciclo poético Versos na baixamar, que consistirá nun recital poético-musical a cargo de Eva Veiga, Uxía, Beatriz Dourado, Lois Pérez e Lucía Ferro.
Durante o mesmo tamén se fará a entrega de premios do Certame das Letras Galegas, e terá lugar a actuación da Orquestra Infantil Sinfónica no Rural.