Compostela: actividades do 10 de outubro na SELIC 2025

Crónica fotográfica do Roteiro Da cidade á aldea. Unha historia das cantareiras na Coruña, con Richi Casás (5 de outubro)

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Da cidade á aldea. Unha historia das cantareiras na Coruña, con Richi Casás, celebrado o pasado 5 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Tamén se poden ver aquí dous vídeos da actividade. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Compostela: actividades dos 8 e 9 de outubro na SELIC 2025

Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán

A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán, é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Terá lugar o martes, terza feira, 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). A entrada é de balde até completar capacidade.

Interveñen:
Luz Darriba.
– Julieta Insagaray.
– Kike de Vidal.
– Leo Zordán.

Ambientación musical:
– Vadim Yukhnevich.

Conduce:
Lois Pérez.

Crónica fotográfica do Roteiro As vellas de Mens na cidade da Coruña, con Icía Varela e Xosé Manuel Varela (28 de setembro)

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro As vellas de Mens na cidade da Coruña, con Icía Varela e Xosé Manuel Varela, celebrado o pasado 28 de setembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Tamén se poden ver aquí varios vídeos da actividade. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.