O venres 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias, publicado en Xerais, e Xeografías do deserto (libro CD), de Ramón Caride. No acto participan, xunto ao autor, Domingo Tabuyo, María Leyra e Manuel Bragado, e tamén contará coa actuación musical dos participantes en Xeografías do deserto: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.
Arquivo da categoría: Narrativa
Illa de Arousa: “Océano para Terrícolas”, espectáculo arredor de Contos do mar de Irlanda, con Xurxo Souto
O venres 13 de maio, a partir das 21:00 horas, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, Xurxo Souto protagoniza a performance interactiva Oceáno para terrícolas, baseada no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Ourense: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
A Coruña: presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga
Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Compostela: presentación de As horas roubadas, de María Solar
A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
Pontevedra: presentación de Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala
O luns 9 de maio, ás 18:00 horas, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado polo Concello, preséntase Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia, nun acto en que o autor estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero.
Manuel Rivas: “Ninguén pon esquelas en Internet”
Entrevista a Manuel Rivas en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿As librarías non poden desaparecer?
– Manuel Rivas (MR): Non. O que se reivindica tamén no libro é a libraría como lugar humano porque aí hai memoria, emoción, hai esa mediación entre o libro e as persoas. Pero tamén é un lugar de resistencia que preservar fronte ao baleiro. Na libraría somos todos iguais, aínda que veñamos de diferente procedencia ou condición social. É o lugar da igualdade entre os vivos, pero tamén estamos entre iguais a través dos séculos co mellor que deu a humanidade. Estamos entre iguais con Cervantes e con Shakespeare, con Rosalía e con Emily Dickinson, Homero e García Lorca, con Blanco Amor e Dickens. Pero ademais diso, estamos entre iguais cos personaxes que deixan de ser de ficción e son parte da nosa realidade máis intima como son Hamlet e Don Quixote, a Amparo da Tribuna de Emilia Pardo Bazán ou o Milhomes de A Esmorga. Ulises está alí con Antígona ou ao mellor namórase de Madame Bovary. ¡Eu que sei!
– LVG: A libraría tamén é un espazo de revolución. ¿Precisamos facer unha nestes momentos?
– MR: Walter Benjamin dicía que a revolución en certos momentos non é tanto pór en marcha unha locomotora, senón freala, frear a catástrofe. Penso que a desaparición dos lugares humanos equivale á extinción da biodiversidade da natureza. As librarías, nese senso, serían como os detectores das probas da catástrofe de perda de humanidade. (…)
– LVG: Galicia foi unha terra inspiradora e de acollida….
– MR: É un lugar de fin da Terra histórica ao que chegan moitos pobos refuxiados. Logo non había un alén. Era un peirao de embarque cara o máis alá. Galicia non só resulta un lugar céltico, tamén doutros pobos. Os suevos tiveron aquí un reino por 200 anos. Sánchez Albornoz di que ese pobo guerreiro fundiu as espadas para facer arados. Paréceme que é das metáforas históricas máis atractivas, que a xente transforma as espadas para facer fértil a terra.”
Entrevista a Xesús Constela sobre A rotura das paisaxes
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Se estás sempre pensando no que vai ter saída comercial a literatura non evolucionaría nada”. Xesús Constenla publica A rotura das paisaxes, unha novela, un collage de historias, con diversas posibilidades de lectura. A entrevista pode escoitarse aquí.”