O
xoves
26 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 18:00-20:00 h. Aula 7. Obradoiro de poesía a cargo de Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 20:30 h. Encontro con Toni Hill, presentado por Armando Requeixo.
Arquivo da categoría: Obradoiros
Compostela: palestra “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”
A
cuarta feira 25 de marzo, ás 18:30 horas, na sala de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII s/n), en colaboración coa AGAL, terá lugar unha palestra sobre a vida e a obra do profesor Ricardo Carvalho Calero coincidindo com o 25º aniversario da súa morte: “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”. Participan José Luís Rodrigues, Elvira Souto e Eduardo Sanches Maragoto.
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo (previa inscrición ata o 30 de marzo)
Compostela: obradoiro de creación literaria con Lois Diéguez
A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés
O
sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.
Carballo e Muxía: actividades polo Día de Rosalía
A Coruña: Palabras na rede, obradoiro impartido por Estíbaliz Espinosa
Palabras na rede
é un obradoiro, dirixido por Estíbaliz Espinosa, que propicia un espazo e un momento para ver en común e traballar contidos en soporte dixital, con especial incidencia na literatura online.
Concibido como unha primeira introdución a textos en rede, vai orientado a persoas con curiosidade nese eido, con competencias básicas de internet, que queiran abrir un blog, tumblr ou, simplemente, coñecer outras fórmulas literarias.
Obxectivos:
– Ver a rede como un grande colector de textos, mais tamén como un xerador de contidos.
– Aprender a crear e personalizar un blog propio [Wordpress].
– Rede social: twitter como ferramenta de comunicación, espallamento e creación de textos mínimos.
– Literatura dixital: revistas, curators, novos soportes de poesía e relato.
Contidos:
O obradoiro consistirá na introdución aos contidos en web,con especial atención aos contidos literarios dixitais e ás ferramentas que fornece a rede para desenvolver a escrita neste contexto.
Datas: todos os martes entre o 24 de febreiro e o 9 de xuño de 2015.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Net da Universidade Sénior.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula), persoas desempregadas e xubiladas / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula).
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos).
Participantes: máximo de 20 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 2 ao 16 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Outeiro de Rei: actividades do primeiro trimestre na Casa Museo Manuel María
Outeiro de Rei: obradoiro Preparámonos para o entroido, dirixido a nenas e nenos entre 6 e 12 anos
A Coruña: obradoiro O ollo da Arte (II), dirixido por Antía Otero
O ollo da Arte (II) é
un obradoiro de creación artística contemporánea impartido por Antía Otero, onde coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación actual a través dunha mirada propia.
Obxectivos:
– Presenciar.
– Escoitar.
– Poñerse na pel d@ outr@.
– Materializar.
– A deriva.
Contidos:
– A mochila.
– Poñer en valor.
– Colocarnos na pel d* outr*.
– A construción.
– A arquitectura do dispositivo.
– Facer e refacer, entre os pilares e a cheminea.
– A mostra.
– A valoración.
Se che interesa a arte, se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza… e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns… ou se non tes nada pensado, pero sintes ganas de aprender e compartir, de descubrir deixándote levar polo proceso e a deriva…. O ollo da arte II é un laboratorio de creación que está pensado para iso.
Ao longo dos anos, O ollo da arte foise enchendo de xente interesada na literatura, na fotografía, nas artes escénicas, na arte urbana, na música, na arquitectura ou no cinema. *s participantes neste obradoiro son *s verdadeir*s protagonistas, poñendo en valor os seus intereses e abríndose cara outros campos máis descoñecidos.
Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.
Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a NORMAL para compartir co alumnado as súas experiencias, guiaros proxectos e aportar novas ferramentas.
Metodoloxía: As sesións estarán organizadas en partes teóricas e prácticas, lecturas compartidas, debates e mostras continuas dos procesos.
Datas: todos os luns entre o 23 de febreiro e o 8 de xuño de 2015.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 55€ público xeral (45€ en segunda matrícula)
Créditos solicitados: 2 créditos libre elección (plans antigos), 1 crédito recoñecemento (plans novos)
Participantes: máximo de 15 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 2 ao 16 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org






