Do 11 ao 15 de novembro. Máis información en Espazo Lectura.
Arquivo da categoría: Oralidade
Ferrol: clausura da campaña “Cantar e contar”
A campaña de fomento da lingua galega “Cantar e contar: ler na nosa lingua” que se celebra no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka, chegará hoxe ao seu remate cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público familiar, a partir das 18:30. (Kalandraka)
I Xornada de literatura oral: “A figura do demo na literatura de tradición oral”
O 17 de outubro de 2008 terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8) a I Xornada de Literatura Oral (ver programa), organizada pola AELG coa colaboración coa Deputación Provincial de Lugo. Baixo o epígrafe “A figura do demo na literatura de tradición oral”, a coordinación estará a cargo de Isidro Novo (vogal da AELG por Lugo) e Antonio Reigosa (vogal de Literatura de tradición oral).
A Asociación de Escritores en Lingua Galega comeza así unha iniciativa que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da nosa literatura. Como actividade complementaria á celebración da xornada, na sala de exposicións da Deputación poderá visitarse a mostra “Libros do demo: grimorios e ciprianillos”.
Lugo: preséntase O pazo das musas. Revista oral, nº 15
O nº 15 d’ O pazo das musas. Revista oral, será presentado o día 25 ás 20:00 no refectorio do Museo Provincial de Lugo. Trátase dunha revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). O acto contará coa colaboración de Xulio Xiz, Baldomero Pestana, Xosé Miranda e, na parte musical, Juanjo Fernández e Miguel Fernández.
Oito editoriais fomentan o galego co apoio de Política Lingüística
«[…] O programa incluirá lectura, música, contacontos, teatro, xogos, pintura e outras actividades gratuítas destinadas a unha franxa de idade que “é onde está o futuro do galego”.
Así, as editoriais participantes, A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais, organizarán diferentes actividades baseadas en temas escollidos por elas que está previsto que cheguen a perto de 50.000 mozos co obxectivo de “formar lectores que serán futuros falantes”. […]» (A Nosa Terra)
O Pino: II Festa da Narración Oral de Galiza
(Vieiros)
Comezou en Barcelona o “Maio Cultural Galego”
Véxase o programa que comezou este día 29 na páxina de Rede.cat. Os actos desenvólvense na Sala d’Actes do Casal d’Associacions Juvenils de Barcelona (Ausiàs Marc, 60).
Yolanda Castaño representará Punver en Marín
VII Maratón de Lectura en Galego na Coruña
O Centro Cívico Municipal dos Mallos da Coruña organiza o VII Maratón de Lectura en Galego. Seró o 13 de maio no salón de actos do centro de 17:00 a 20:30. Consistirá nunha lectura pública dun fragmento dun autor ou autora: Xosé María Álvarez Blázquez, Luz Pozo, Manuel Rivas, Lino Braxe, Castelao… ou dun texto de creación literaria propia.
Ás persoas interesadas facilitaráselles quenda de lectura durante a celebración do Maratón. Para isto é preciso porse en contacto co centro cívico.
Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade eliteratura
O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)