Arquivo da categoría: Poesía
Ponteareas: actividades do 14 de xullo da Feira do Libro 2022
Compostela: presentación de Animalario de ler a diario, de Eduard Velasco
Moaña: III Recital poesía pola memoria
Andrea Fernández Maneiro: “A poesía erótica explícita fainos perder capacidade sensitiva”
Entrevista a Andrea Fernández Maneiro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A primeira vez que visitou o Zigzag Andrea Fernández Maneiro, falounos de Migratoria, o seu primeiro poemario. Desde aquela gañou o Premio Leiras Pulpeiro por Contra-tempos, que pronto sairá publicado, hai unhas semanas o Premio de Poesía Eduardo Pondal por Voto de silencio e, ademais, tamén o gañou a última edición do premio de poesía erótica Illas Sisargas con Edénicas. A entrevista pode verse aquí.”
Un guerrilleiro, poema de Florencio Delgado Gurriarán musicado por Lara Villaverde e Fran Gómez
Carballo: actividades do 10 de xullo na Praza dos Libros 2022
Pontevedra: Festa dos Libros 2022
Lugo: Versos na barraca, con Manuel Rivas e Dores Tembrás, o 7 de xullo
Martiño Maseda: “Eu son de verso libre, non me digas de facer sonetos”
Entrevista a Martiño Maseda Lozano en El Progreso:
“(…) – El Progreso (EP): Cando acaba de escribir fai algún filtro?
– Martiño Maseda (MM): O filtro fágomo eu mesmo. Despois si que lle leo a peza a miña nai, envíolla a amigos… pero o primeiro lector son eu. Incluso a día de hoxe con obras xa escritas seguiría cambiando cousas porque os tempos van cambiando. E ese é o problema que vexo que lle sucede a algunhas persoas, que seguen vivindo en épocas de antes e non aceptan certo discurso. Facendo peneira estás intentando pulir algo que creaches para que acabe tendo a calidade que ti queres. Do contrario é non respectarte ti, a obra e a persoa á que lle estás ofrecendo iso, xa que a min non me vale aquilo de “escribo para min”; non, eu escribo para comunicarme. Tamén mudan as circunstancias.
– EP: Mudou o seu xeito de escribir?
– MM: Si. As temáticas non é que cambien tanto, pero si a maneira de percibilas porque vaste comunicando con outras persoas que che van dando a súa visión, a súa crítica; é un proceso de aprendizaxe. O primeiro que ten que facer un escritor é unha autoaprendizaxe e unha autocrítica. Se non fas iso tes un exceso de egolatría desmedida e para min iso non vale. Hai unha evolución e nótalo no proceso de escribir, intentas escapar de temáticas clásicas, romper un pouco. Eu xa nunca fun de facer formas clásicas. Non me digas de facer un soneto; vai coa miña natureza ese verso libre, sabendo que eu teño o meu propio ritmo, a armonía, a música das palabras.
– EP: Comezou con narrativa. Non pensa volver a ela?
– MM: Teño moitas ganas, o que pasa é que estou agora na poesía porque coido que vivimos momentos transcendentais, duros, e creo que o escritor ou escritora debe implicarse desde a súa posición, case de privilexio, que lle ofrece o poder das palabras. Debemos intentar abrir fendas de luz para facer o mundo un pouco máis habitable.
– EP: Os versos transmiten mellor os sentimentos?
– MM: Es un pouco máis ti na poesía; o outro é ficción, estás recreando outros mundos. Poden ser mundos que coñeciches ou non. Pero a maneira de ofrecer o que levo dentro e o meu contacto coa sociedade é a través da poesía.
– EP: De feito, nunha das súas obras anteriores, Mapa de xeografía emocional, parte dun momento traumático: a morte do seu pai.
– MM: Aos momentos de felicidade non lles sacamos tanta aprendizaxe; pero das derrotas e dos golpes da vida si sacas algo. Porque cando algo é bonito así non o tocas, pero cando é duro intentas reconstruír e sacar a beleza niso para aminorar o efecto de traxedia.
– EP: Por que empezou a escribir? Na casa non había moita literatura.
– MM: Foi algo que eu levaba dentro.
– EP: Estudou Filoloxía Hispánica e di que desde entón se “flaxela a diario escribindo en galego”.
– MM: Non me podo explicar como cheguei a estudar iso, é algo do que me arrepinto a diario. Aínda así, a miña estadía en Santiago abriume a mentalidade a moitas cousas e esa apertura que me ofreceu Santiago foi in crescendo, nunca volveu a pecharse. Véxoo nos meus escritos, nos que houbo un cambio, non tanto do galeguismo, porque eu non deixei de falar nin de escribir nunca en galego. Foi a riqueza máis grande que me transmitiron meus pais. Acórdome que nun bar en Santiago, cun grupo de amigos falando en galego, unha rapaza fixérame unha burla polo meu acento. Parecérame moi mal e é algo que segue estando moi presente en programas, en certos ámbitos, que se relaciona o acento galego como algo de paletiños. E logo que pasa cos andaluces, cos vascos, cos cataláns? Iso é guai e o galego non? Foi unha desafortunada metedura de pata. Esa foi unha eiva, pero non na miña formación, que eu estudaba igual portugués, galego, catalán… e non entendo que sigamos buscando un monolingüismo cando eu considero que o mellor que pode ter un individuo, á parte dunha pluralidade de coñecementos, é unha pluralidade lingüística na que emitilos. (…)”










