O domingo 1 de marzo, ás 19:00 horas, en colaboración coa Asociación Cultural Centáurea, terá lugar no Café Keik (Rúa Ánimas, 10), en Gondomar, a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, e un recital poético da obra de Rosalía de Castro. Esta actividade conta tamén co apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña.
Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, Xosé Crecente Vega
Carral: IV edición do Poetry Slam de Carral, con Xurxo Souto
Compostela: conversa arredor de A Santiago em romaria vem. A lírica galego-portuguesa e Compostela
Bueu: presentación de Réquiem, de Eugénio Outeiro
Rois: presentación do Cancioneiro popular do Concello de Rois, de Clodio González Pérez
Crónica fotográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2026 en Compostela
Estas son algunhas das fotografías do acto central do Día de Rosalía de Castro 2026 en Compostela, que tivo lugar o 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO e a Deputación da Coruña. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
















