A
quinta feira 27 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Rúa Travesa, nº 7), en Santiago de Compostela, Concha Rousia presenta Se os carvalhos falassem, de Concha Rousia, publicado por Através. No acto, a autora estará acompañada por Iolanda Aldrei e Alba María.
Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: Tempo de exilio, recital-concerto de Isaac Xubín e Ruper Ordorika
Compostela: Tempo de exilio, recital-concerto de Isaac Xubín e Ruper Ordorika
Compostela: Gala Premios música e poesía galego-portuguesa Ari(t)mar
A Coruña: recital de Rafa Vilar e Ostap Slyvynsky no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 24 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rafa Vilar e o poeta ucraíno Ostap Sylvynsky (as versións en galego dos seus poemas foron feitas por Dores Tembrás). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outono 2016.
Vigo: obradoiro de haiku e cerámica, impartido por María N. Soutelo
O
sábado 22 de outubro, de 10:00 a 12:00 horas, no Espazo Maxiavida (Rúa Troncoso, 26, 3º C), en Vigo, María N. Soutelo impartirá unha actividade onde o público asistente aprenderá a crear haikus e serán traducidos en imaxe sobre cerámica con técnicas sinxelas. A aportación por participar na actividade será de 15 euros.
Actividades destacadas do VI Festival Internacional Vigo Kerouac de Poesía e Performance
O
VI Festival Kerouac Vigo de Performance e Poesía, ten os seguintes actos destacados dentro do seu programa:
Xoves 20
– 13:00 h. Porta do Sol. Antonio García Teijeiro participa na homenaxe a Carlos Oroza.
– 19:00 h. Urban Market Progreso 41. Obradoiro Internacional de Tradución Poética. Recital a seis voces coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Dores Tembrás.
Venres 21
– 19:00 h. MARCO (Rúa Príncipe, 54) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros-. Recital de María N. Soutelo.
– 22:15 h. La Fiesta de los Maniquíes (Rúa Rogelio Abalde, 11) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros con consumición-. Recital de Antonio García Teijeiro.
Domingo 23
– 13:30 h. Urban Market Progreso 41. Vermú poético, coa presenza de Francisco Castro.
Vídeo da presentación en Vigo de Non debían medrar e Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás
A Coruña: Samuel Pimenta conversa co escritor galego Pedro Casteleiro
Vigo: presentación de No balouçar do vento e As margens do tempo, de Antom Laia
O
xoves 20 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntanse as obras No balouçar do vento e As margens do tempo; de Antom Laia López. No acto participa, xunto ao autor, Xurxo Souto.



