Entrevista de Sergio Casal a Luís Valle en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que pode atopar quen lea Somos?
– Luís Valle (LV): Somos é o comezo dun segundo ciclo da miña escrita poética. Despois de 25 anos fechei o primeiro. Este novo traballo pódese dicir que é unha poesía social pero, dalgún modo, reivindicando a ollada social desde a poesía, que quere dicir que nela se expande o concepto do social. Nel recréase e fálase daqueles aspectos que propiamente teñen sido silenciados ou sinxelamente non se enuncian como tal no día a día.
– ND: Cal é o discurso social que tenta buscar este libro a través das palabras?
– LV: En realidade é unha outra historia. É unha rítmica do discurso social. É, dalgún modo, non falar do que é evidente, senón recrear aqueles aspectos que non están presentes no día a día. É tamén un poema do cuestionamento do que é real, do que é a existencia cotiá, do funcionamento como tal da sociedade e do contexto sociohistórico no que vivimos. É todo isto na forma dun poema extenso de máis de 700 versos. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: presentación da edición de Ramón Nicolás de Vigo en tres paisajes, de Manuel Lueiro Rey
Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Lugo: Lupercais 2026
Pontevedra: Vermú entre libros. Branca Trigo e Octavia Russo conversan con Lara Dopazo
Moruxo, Bergondo: Homenaxe a Filomena Dato
Viveiro: presentación e recital de Vestidos de organdí, de Pura Tejelo
O 27 de febreiro, ás 19:00 horas, na Aula Universitaria de Viveiro (Avenida de Cervantes), Pura Tejelo presenta Vestidos de organdí, publicado por Belagua Edicións. No acto, a autora falará e lerá varios poemas do seu libro, acompañada por Sabela Barcón Soto.
Betanzos: Homenaxe Rosalía. Unha voz eterna
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2026 en Vigo
Estas son algunhas das fotografías do acto en Vigo do Día de Rosalía de Castro 2026, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 17:30 horas, na Imprenta de Juan Compañel e Centro Social A Revolta, coorganizado entre a AELG e a Asociación Cultural O Castro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

































