Carme Rodríguez Alonso: “É difícil usar o gaélico a diario sen parecer excéntrico”

EntrevistaCarme Rodríguez Alonso a Carme Rodríguez Alonso en BiosBardia:
“Un bosque novo. Antoloxía de poesía gaélica contemporánea (Trifolium) é unha excelente porta de entrada á literatura contemporánea en idioma irlandés. Carme Rodríguez Alonso (A Coruña, 1968) escolma o traballo de trece poetas gaélicos do século XX nunha edición bilingüe que serve para coñecer os temas e reflexións dunha cultura que, malia o elo popular (por vía céltica) entre Galicia e a illa de Irlanda, segue a ser moi descoñecida. Esta publicación debería servir para alentar o interese editorial por traducir máis libros gaélicos. (…)
– BiosBardia (B): Como se explica a ausencia das letras gaélicas na biblioteca histórica galega?
– Carme Rodríguez Alonso (CRA): Supoño que ten a ver coa dificultade de acceder á aprendizaxe da lingua gaélica en Galicia. Penso que agora será menos complexo (aínda que non coñezo moi ben a situación), mais a diferenza doutros países europeos, non hai tradición nin presenza ou tradición sólida do estudo da lingua gaélica nas universidades galegas e tampouco no resto do Estado español.
– B: Cal foi o criterio de escolla dos autores escolmados?
– CRA: A escolla foi miña. Hai un elemento subxectivo que ten a ver con gustos persoais mais penso que na antoloxía están os poetas máis representativos. Decidín limitarme aos poetas nados na primeira metade do século XX porque era os que no tempo de escolmar mellor coñecía. Probablemente haxa alguna omisión pero non hai dúbida ninguna sobre o valor literario de todos os autores presentes. (…)”

Rosalía Fernández Rial: “No meu caso a faceta educativa e a creativa son, no fondo, o mesmo”

Entrevista Rosalía Fernández Riala Rosalía Fernández Rial en La Voz de Galicia:
“Rosalía Fernández Rial está acostumada a moverse entre distintos mundos que acaban por fundirse nun só. A súa dobre orixe, carballesa e muxiá, foi quen de inspirar unha irmandade artística entre as dúas localidades. E a súa paixón polas artes escénicas e a súa vocación docente lle permitiron alumear unha orixinal tese doutoral -que defendeu con éxito hai poucos días na Facultade de Ciencias da Educación da USC- na que avoga por «unha metodoloxía nova para ensinar linguas que se fundamenta no uso da expresión dramática teatral». O seu paso polo IES Parga Pondal co seu traballo de fin de máster foi o xerme desta tese á que dedicou catro anos da súa vida, pero que non lle restou forzas para canalizar as súas inquietudes artísticas por eidos diversos.
De feito, explica que non existe dicotomía entre a súa formación no eido da docencia e a súa vea creativa: «En realidade é o mesmo; o produto é o mesmo, pero contemplado desde distintos puntos de vista porque se na actividade artística traballo o poético, o literario e a expresión dramática e a linguaxe escénica, no enfoque didáctico fago o mesmo pero dedicado á comunidade educativa. As ferramentas coas que traballo son comúns».
Sen abandonar a poesía, ten transitado tamén cos seus versos e da man do pianista Serxio Moreira por territorios sonoros. O seu proxecto conxunto ELO figura na relación de candidatos dos premios Martín Códax. «Non esperaba estar para nada nunha categoría musical deste tipo. Si que fixen conservatorio, sempre me gustou a música e foi algo importante na miña vida, pero máis a nivel persoal que a nivel profesional. Sempre me centrei no literario, pero é certo que nesa mestura de linguaxes ao final foi confluíndo na musical dun xeito sorprendente».
Proba diso é Catálago, un proxecto expositivo no que comparte espazo con Mon Lendoiro, Chiña e Paco Souto tendendo «pontes» para crear entre os catro «un novo produto nunha dimensión interdisciplinar», é outro exemplo da súa capacidade para aproveitar sinerxías. Os resultados pódense ver no Pazo da Cultura de Carballo desde o día 3 deste mes e para o luns 28 os catro teñen previsto poñer en escena unha performance conxunta.
«Sempre hai que negociar pero iso forma parte da propia vida e da propia existencia. Precisamente nese camiño, nese proceso que se vai tecendo é cando a obra pasa a ser algo conxunto e os puntos de encontro sempre levan a mellora». (…)”

Entrevista ao poeta Eduardo Estévez

EntrevistaEduardo Estévez a Eduardo Estévez na Radio do IES de Brión:
“O departamento de Dinamización Lingüistica en colaboración co departamento de Lingua Galega organizou unha entrevista con este informático de profesión e poeta de devoción nado na Arxentina que decidíu escribir, sentir e vivir en galego. Participaron dous alumnos de 1º de BACH, Lois Mera e Brais Cuns que fixeron un traballo en clase de Literatura Galega sobre o libro de Eduardo Entrar na casa. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Andrea Nunes Brions

EntrevistaAndrea Nunes Brións a Andrea Nunes Brions en Palavra Comum:
“- Palavra Comum (P): Que representa para ti a poesia?
– Andrea Nunes Brions (ANB): Para min a poesía supón unha forma de crecer e partillar, de entrar no ollo das outras, de verse unha mesma danificada nun verso ou espallada nunha metáfora, de me inventar e de rachar co establecido. É unha forma tamén de denuncia, de remover.
É iso que nos axuda a continuar camiñando, esa dose necesaria na vida para non afundir, para sentirme nas outras e sorprenderme. A poesía é “unha arma cargada de futuro” como dicía Celaya, mais é tamén como expresou despois AJO, “unha arma cargada de imperfecto, de pasado imperfecto”. (…)
– P: Que perspetiva tens sobre o estado actual da criatividade cultural, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (Lusofonia, etc.)?
– ANB: Temos unha enchente de persoas a facer cousas interesantes e únicas no país, persoas moi creativas e moi implicadas nas diversas formas de creación. Propostas diferentes, coraxosas, transgresoras. A situación, porén, como en todos os eidos, é inxusta. Como no caso das mulleres escritoras, que precisan (mos) de espazos de visibilización e de recoñecemento e autoridade que nunca se lles dá ás súas creacións, ao igual pasa coa escolla ortográfica. Con respecto á lusofonía, agora comezan a agromar propostas moi potentes desde Galiza, mais continúa habendo unha marxinalidade excluinte, e precisamos dunha “irmandade” real, para poder aportar e achegarnos as creacións que a nosa lingua posúe. (…)”

Cabana de Bergantiños: actos destacados no I Congreso Internacional de Escritores de Cabana para o 19 e 20 de marzo

O sábado 19 e domingo 20 de marzo destacamos as seguintes actividades dentro do I Congreso Internacional de Escritores de Cabana (na ligazón pode descargarse o programa completo):

Sábado 19:
No Auditorio de Neaño.
– 10:30 horas: mesa redonda sobre Influencias celtas na literatura. Participan: Miguel Vázquez Freire, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Maribel Longueira e Elena Vázquez Galván Modera Xosé Ameixeiras.
– 12:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de Yolanda Castaño.
– 16:30 horas: Mesa redonda sobre Literatura galega do novo milenio.
No Dolmen de Dombate.
– 17:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de María Canosa.
No Auditorio de Neaño.
– 18:30 horas: Recital poético. Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Serxio Moreira (pianista Cabanés), Rosalía Fernández Rial, Elena Vázquez Galván, Olga Patiño, Miguel Melero, Claudia Castro, Marilar Aleixandre, Estevo Creus Andrade, Suso Bahamonde, Francisco X. Fernández Naval, Maribel Longueira, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Xulio Valcárcel, Xosé Iglesias, María José Fernández, María Socorro Mármore Brich, Miguel Vázquez Freire, José Manuel Carreiro, David Creus, Alfredo Puy e Primitivo Fernández.

Domingo 20:
No Dolmen de Dombate.
– 11:00 horas: Mesa redonda sobre Muller e literatura.