Arquivo da categoría: Poesía
Toledo: presentación de varios poemarios da editorial Lastura
A Coruña: recital poético como feche do obradoiro A escrita do poema, dirixido por Dores Tembrás
O
xoves 20 de xuño, ás 19:30 horas, na Biblioteca do Centro Ágora da Coruña, con motivo do feche do obradoiro A escrita do poema: da técnica ao sen alento, guiado por Dores Tembrás, os asistentes a este curso, organizado pola Escola de Escritor@s da AELG, amosarán algúns dos textos froito das sesións previas no recital de clausura da actividade. Ponse así o ramo a uns encontros onde o traballo coa palabra poética volveu poñer de relevo algunhas das chaves precisas para a construcción do poema. A entrada é libre e gratuíta.
Neste acto de clausura, con entrada libre, estará a Vicepresidenta da AELG, a poeta Antía Otero.
A Escola de Escritoras e Escritores da AELG é unha iniciativa que ten como obxectivo, cos autores/as como guías, transmitir a experiencia da paixón do acto de crear:
• afondando nos motivos que alimentan a literatura
• proporcionando estratexias para a escrita de ficción
• destacando o desenvolvemento da capacidade de observación, reflexión e intercomunicación, no propio interior e na relación que mantemos coa realidade
• partillando orientacións e metodoloxías de achegamento literario para a mocidade xunto con escritores e escritoras da literatura galega de hoxe
• concienciando a sociedade da necesidade de estimulación creativa na escrita que complemente a formación do individuo
• poñendo en valor as olladas subxectivas xeradoras de materia prima literaria
A Escola de Escritoras e Escritores da AELG basea a súa actividade na impartición, por concellos de todo o país, de obradoiros, que terán diversos formatos en canto a xéneros literarios, contidos temáticos, idade dos destinatarios…
Ferrol: conferencia de Francisco Rodríguez sobre o 150 aniversario de Cantares gallegos
A
quinta feira 20 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7), en Esteiro, Ferrol, Francisco Rodríguez falará sobre a obra de Rosalía de Castro, coincidindo co 150 aniversario de Cantares gallegos.
Compostela: Micro aberto de poesía
Compostela: lanzamento de Outra Vida, de Mário Herrero
A
quinta feira 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Outra Vida, de Mário Herrero, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Carlos Quiroga.
Darío Xohán Cabana volve traducir o Cancioneiro de Petrarca
Breizh, de Miro Villar
A literatura galega por vez primeira nun dos máis importantes en Europa
O
sábado 15 de xuño, deu comezo en Finlandia unha das reunións literarias máis lonxevas e prestixiosas do continente, a Reunión Internacional de Escritores de Lahti, que celebra este ano o seu medio século de historia. 55 creadores/as de 25 países reúnense este ano baixo o título Rompendo Muros. Autores coma Günter Grass, Salman Rushdie, Camilo C. Cela, Milan Kundera, J. Ashbery, Vargas Llosa, Susan Sontag, J. M. Coetzee, M. Houellebecq, Margaret Atwood ou Lobo Antunes teñen pasado polas 26 edicións deste encontro bianual de sona mundial. Máis de mil novelistas, poetas e outros expertos e expertas na crítica e a investigación literaria participaron nun evento organizado pola Sociedade Eino Leino, a Universidade de Verán Päijät-Häme e o Concello de Lahti.
Por vez primeira na historia desta reunión literaria, a literatura en galego fai parte dos escolleitos participantes, a través das achegas da poeta Yolanda Castaño. Recitando poemas en galego seguidos de traduccións ao finés, ela participou na lectura pública que tivo lugar onte sábado na céntrica sede do principal xornal do país, o Helsingin Somatolo, xunta outros autores e en fronte dun nutrido público da capital, como se pode ver nesta entrevista. Ademais, a autora galega volveu recitar o luns 17 de xuño ás 19:00 horas na velada poética internacional, sendo a encargada de co-presentar o evento xunta o escritor e xornalista finés Antti Leikas no Sibelius Hall, un dos centros de congresos mellor considerados do norte de Europa.
Compostela: nova sesión do Picaversos, con Sesión Kerouac
O
martes 18 de xuño, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Sesión Kerouac, coa participación de Comba Campoy, xornalista, actriz e investigadora; e Bernardo Martínez, músico improvisador. Entre os dous xogarán cos haikus e os coros do San Francisco Blues ou Mexico City Blues, entre outros traballos poéticos do autor nunca antes traducidos.


