Toda a información aquí.
Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: sesión de narración oral e poesía, con Dani Blanco e Silvia Penas
Teresa Seara: “Manuel Álvarez Torneiro buscaba sempre a palabra precisa na poesía”
Entrevista de Pilar García Rego a Teresa Seara na Televisión de Galicia:
“En A vixilia do bosque, territorio de soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible. Neste novo poemario, que se acompaña ademais cun exposición con colaxes do propio Manuel Álvarez Torneiro, a editora Teresa Seara introdúcenos nos seus versos que sempre eran vida, “na torre do desvelo o poeta asexaba”. A entrevista pode verse aquí.“
Cambados: conversa arredor de Para non concretarme, de Tamara Andrés
Lugo: presentación de Acuruxar, de Inés López Fernández
Compostela: presentación de Magnolia Punk e outras Arritmias, de Andreia Costas. o 27 de xuño
Faíscas, a creatividade é terapia
Entrevista de Laura Fernández a Xoán Carlos Domínguez Alberte e Minia Domínguez Diéguez en La Región:
“(…) Faísca é esa partícula incandescente que se produce polo choque entre determinados corpos, como a cinza que salta do lume. É tamén o nome do novo poemario de Xoan Carlos Domínguez Alberte.
O máis persoal e desgarrador traballo do autor de Escudeiros (Ramirás) xurdiu dunha situación familiar difícil, na que se mergullou a súa filla maior, Minia Domínguez, de 18 anos. “Faíscas é un libro de poemas que trata de dar desafogo a unha situación familiar moi difícil, en relación cunha doenza grave e mantida no tempo, case catro anos e moitas hospitalizacións”, lembra o poeta, quen, como nunha catarse ante o que lle estaba a ocorrer á súa filla, envorcou case en tempo real e sobre o papel unha partitura poética popular con moitas doses terapéuticas.
A primeira parte “son reaccións ao día a día da enfermidade. E a segunda tamén, pero xógase coa (im)perceptible complicidade da natureza. Iso é Faíscas”, resume Domínguez Alberte, quen recoñece que o proceso creativo “a min axudóume a facerlle fronte á adversidade durante moito tempo” (…)”
Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Arancha Nogueira
Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela con Arancha Nogueira, celebrado o pasado 13 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.









