Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Na casa da avoa, de Marta Dacosta
Celanova: presentación de O monstro de Ille, de Jorge Emilio Bóveda
Compostela: presentación de O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional
Pontevedra: presentación de Unha morte lanzal. A traxedia do Bou Eva, de Julián Rodríguez Novo
O mércores 31 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), de Pontevedra, o Ateneo e a Editorial Discursiva organizan a presentación do libro de teatro Unha morte lanzal. A traxedia do Bou Eva, de Julián Rodríguez Novo. No acto interveñen, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero, Uxío Couto Carballido e Enrique Sánchez Sotelo.
Pontevedra: relatorio arredor de A noite das palabras, de Xesús Franco
O luns 29 de maio, ás 20:00 horas, na Taberna do Jazz (Rúa de San Sebastián, 19), en Pontevedra, terá lugar un relatorio arredor do libro A noite das palabras, de Xesús Franco. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, intervirán, xunto ao autor, Carmen Quinteiro e Antón Sobral.