Ourense: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso

OFran Alonso venres 7 de outubro, ás 18:30 horas, na Libraría Espacio Lector Nobel (Rúa da Concordia, 8), de Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor. Presenta o acto o editor Miguel Toval.

Vigo: presentación de A ira dos mansos, de Manuel Esteban

O manuel-esteban-a-ira-dos-mansosvenres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participan, xunto ao autor, Marta Gómez González e Manuel Bragado.

A Coruña: presentación de Camiños na sombra, de Xián Lois Alcayde Dans

14599953_1121425924605566_869400128_o

Vigo: presentación de Non debían medrar e Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás

O Ramón Nicolásxoves 6 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125), en Vigo, preséntanse Non debían medrar (editado por Xerais) e Novas crónicas dunha transición intransixente (editado por Laiovento), de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás. No acto participan, xunto ao editor dos dous libros, Manuel Bragado e Pepe Carreiro.

Compostela: presentación de Mecanismo de Emergência, de Tiago Alves Costa

Atiago-alves-costa-mecanismo-de-emergencia quinta feira 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Tiago Alves Costa presenta Mecanismo de Emergência, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Alicia Fernández, quen lerá o texto preparado por Gonzalo Hermo.