O
martes 19 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón García de Vilagarcía de Arousa (Rúa Alcalde Rey Daviña), preséntase O xardineiro dos ingleses, a novela coa que Marcos Calveiro se fixo co Premio García Barros 2017, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Sonia Outón, concelleira de cultura, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ferrol: presentación de Tenrura, de Antón Cortizas
O
mércores 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Canido (Rúa Poeta Pérez Paralle, s/n), en Ferrol, en colaboración coa A. C. Muíño do Vento, preséntase Tenrura, de Antón Cortizas, publicado por Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Rafael Aguirrebengoa e Xavier Alcalá.







