O xoves 7 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participa, xunto ao autor, Ánxela Gracián.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Carballo: inauguración da exposición O desexo
Pontevedra: actos destacados do xoves 7 na Feira do Libro
O xoves 7 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:00 h. Presentación dos libros infantís O Mago de Oz e Drácula, traducidos por Tamara Aymerich, publicados por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación do libro A horta sen químicos, de Xan Pouliquen, publicado por Baía Edicións.
– 19:00 h. Tamara Andrés asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Constela e Manuel Bragado.
Lugo: presentación de Valuria, de Xosé Otero Canto
Vigo: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O mércores 6 de abril, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro (Rúa Girona, 3), en Vigo, preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Franco Cobas e Helena Pérez.
Pontevedra: actos destacados do martes 5 e mércores 6 na Feira do Libro
O martes 5 de abril comeza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
Martes 5:
– 19:00 h. Pregón a cargo de Alberto Fortes, quen ao remate asinará exemplares de O dobrón de a oito, publicado por Xerais.
Mércores 6:
– 18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.
– 19:00 h. Presentación de Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicado por Xerais, en edición de Anxo Angueira. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas, e da Antoloxía poética de Manuel María (edición de Darío Xohán Cabana)
Marcos Calveiro fala sobre Fontán, na Livraria Suévia
A Coruña: presentación de A Galicia urbana, coordinado por Rubén Lois e Daniel Pino
O martes 5 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio da Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco 27), na Coruña, terá lugar a presentación do libro A Galicia urbana, publicado por Xerais, do que son coordinadores Rubén Lois e Daniel Pino. No acto participarán, xunto aos coordinadores, Xurxo Souto, Manuel Bragado e Xulio Ferreiro.
Noia: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O sábado 2 de abril, ás 20:00 horas, no Liceo de Noia (Rúa Alameda, s/n), preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Ramón Carredano e Manuel Bragado.