Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Liberdade
O
sábado 26 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12), na Coruña, preséntase o obxecto-libro Liberdade, ideado polo Grupo Surrealista Galego e creado artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Éluard, traducido por Xoán Abeleira. Con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.
A Coruña: lectura, presentación e coloquio sobre de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
martes 22 de decembro, ás 19:00 horas, en Berbiriana, Libros e grolos (Rúa Santiago, 7), na Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio de O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicado en Xerais, coa presenza do autor.
Cedeira: presentación de O Galo de Portugal camiño de Compostela e Espantallo, de Carlos Labraña
A Coruña: presentación de O Deserto, de María do Cebreiro
A Coruña: actividades destacadas do sábado 19 e domingo 20 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura
Do
xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas para o sábado 19 e domingo 20 dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:
Sábado 19
– 12:00 h. Carlos Callón e Paulo Filgueiras asinan exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 18:00 h. Presentación do libro Parar o mundo, de María Canosa e Marcos Viso, publicado por Trifolium.
– 18:00 h. Rocío Leira asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: Novas voces na poesía galega. Con Marcos Abalde, Charo Lopes, Eduard Velasco e Diana Varela (coordinadora).
– 19:00 h. Xosé Duncan asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 21:00 h. Grupo Ouriol: Manuel María: de Lume e Arxila. Voz: Eva Veiga. Músicos: Fito Ares e Bernardo Martínez.
Domingo 20
– 12:00 h. Mesa redonda: Editar en Galicia. Asociación de Editores Coruñeses.
– 12:00 h. Eli Ríos asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 13:00 h. Xosé Henrique Rivadulla Corcón asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 18:30 h. Andrea Maceiras asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: A poesía de mulleres en Galicia. Con Luz Campello García, Oriana Méndez, Dores Tembrás e Eva Veiga (coordinadora).
Dodro: entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Xerardo Quintiá e presentación de Zonas de tránsito, de Ramón Neto
O sábado 19 de decembro, ás 17:30 horas, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, terá lugar a entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, gañado por Xerardo Quintiá. No mesmo acto preséntase Zonas de tránsito, de Ramón Neto, obra gañadora da pasada edición do premio.
A Coruña e Compostela: presentacións e contacontos do álbum Caer de cu polo universo, de Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo
A Coruña: presentación de Xeixos, por Suso Lista
Vigo: presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
venres 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo (Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto), en Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Antón Patiño.





