Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Narón: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
O
venres 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Day (Estrada da Gándara, 141), de Narón, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. No acto, organizado por Queremos Galego Narón, participará o propio autor.
Vigo: presentación de Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Pontedeume: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
O
xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Praza do Convento, 2), preséntase A distancia do tambor, de Eva Veiga, publicado por Espiral Maior. No acto participan, xunto á autora, Nicolás Vidal e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá tamén unha actuación do Grupo Ouriol, cos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á voz de Eva Veiga.
Vigo: presentación de Nestes Días, de María N. Soutelo
O
xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Nestes Días, de María N. Soutelo, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar.
Compostela: presentación de Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos
O
mércores 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Berta Dávila, Iago Martínez e Víctor F. Freixanes.
Pontevedra: O soño galego de Julio Cortázar, con Francisco X. Fernández Naval
A Coruña: presentación de Modelos de lingua e compromiso
Perillo, Oleiros: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Viveiro: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias
O
sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.





