Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz
O
xoves 30 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A nena á quen non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, xunto ao autor, participan Montse Pena Presas, Iolanda Aldrei e Miguel Alonso.
Santiago: presentación de Tastarabás, de Antón Cortizas
O
mércores 29 de maio, ás 19:00 horas, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107) de Santiago de Compostela, preséntase Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez e Manuel Bragado.
Negreira: presentación de Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema
O
mércores 29 de maio, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Negreira, preséntase o poemario Alturas do Monte Pindo, de Rafael Lema, primeiro premio Xosé Manuel López Ardeiro de poesía, editado polo Concello de Negreira e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No acto participa, xunto ao autor, Anxo Lorenzo.
Compostela: lanzamento de Sete ch´iens a um posso, de Sílvia Capom
A
terza feira 28 de maio, ás 20:30 horas, na Ciranda (Rua da Travesa, 7), de Compostela, terá lugar o lanzamento do poemario Sete ch´iens a um posso, de Sílvia Capón, publicado por Através Editora.
Vigo: presentación de Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro
O
martes 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, publicado en Xerais. No acto, participan, xunto ao autor, o ilustrador, Xosé Cobas, o músico Paco Ibáñez, quen tocará varios temas, Román Raña, Fran Alonso e Manuel Bragado.
Pontevedra: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro
O
sábado 25 e domingo 26 de maio finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Sábado 25
– 12:30 h. Pedro Feijoo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar.
– 18:30 h. María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Xerais, na caseta da Libraría Paz.
– 19:00 h. Elena Gallego Abad na Feira do Libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Xerais.
– 19:00 h. Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
– 20:00 h. A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Kiko da Silva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.
Domingo 26
– 12:00 h. Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Círculo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
– 13:00 h. Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira.
– 18:00 h. Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
– 19:00 h. Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
– 19:30 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
– 20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
– A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
Pontevedra: actividades do venres 24 na Feira do Libro
O
venres 24 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Venres 24
– 18:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde. Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
– 19:00 h. A escritora Fina Casalderrey asinará exemplares do seu libro Fiz, o coleccionista de medos publicado por OQO Editora, na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros, publicado por Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, o escritor Xosé Cermeño e Francisco Castro, representante da editorial.
– 20:00 h. Presentación do libro +cd + dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela, Pilar Sampil e Javier Jurado, publicado por Galaxia. Participarán no acto Suso Cancela e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.
Pontevedra: actividades do xoves 23 na Feira do Libro
O
xoves 23 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Xoves 23
– 18:00 h. Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. Participarán no acto Ramom Pinheiro (director artístico) e Alejandro Vargas (compositor e director musical), que interpretará varias cancións do disco.
– 19:00 h. Ramón Caride presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto Aktual, da colección Fóra de xogo), publicado por Xerais. Participarán no acto Manuel Busto, Fran Alonso e o autor.
– 20:00 h. Presentación da novela Faneca Brava, do escritor Manuel Portas, publicada por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Antón Sobral e <a href="http://www.aelg.org/Centrodoc%

