Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: recital poético da Asociación Veciñal Agra do Orzán
Lugo: presentación e recital do poemario Ritual para unha tribo capital de concello, de Manuel María
Compostela: “Expulsar a paisaxe redentora”, recital de Isaac Xubín
O
mércores 17 de maio, ás 19:30 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Isaac Xubín presenta o poemario A cadencia da fractura, publicado en Xerais, cun recital poético.
Santa Cristina, Oleiros: Noite de poemas e narrativa polas Letras Galegas
O mércores 17 de maio, ás 21:00 horas, en Bitácora (Avenida Américas, 57, Santa Cristina, Perillo, Oleiros), terá lugar unha Noite de poemas e narrativa, no marco do Día das Letras Galegas, coa participación de Nuria Otero, Alfredo Ferreiro, Laura Rey, Ramiro Torres, Emma Pedreira e Xosé Duncan, acompañados coa música de Carla López.
Boiro: Maio. O mes das nosas letras
A Coruña: programa de Letras Galegas 2017 da Libraría Azeta
Rianxo, Celanova e Allariz: VIII Seminario sobre a memoria histórica
Visantoña, Santiso: O encanto da fala, por Lisístrata
Arteixo: encontro literario e recital poético na memoria de Paco Souto
O
venres 12 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cívico e Cultural de Arteixo terá lugar un encontro literario, presentado por Alfredo Ferreiro, enmarcado no programa cultural do mes de maio.
Trátase de dar a coñecer as obras máis recentes de autores vencellados ao Concello de Arteixo. Os autores convidados son Francisco A. Vidal, Henrique Rabuñal, Miguel Sande, Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Xabier Maceiras.
Tamén haberá un recital poético na memoria do poeta e activista cultural Paco Souto, para o que se conta co seguinte elenco: Emma Abella, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Miguel Sande, Modesto Fraga, Rocío Blanco, Xosé Iglesias, Xabier Maceiras e Alfredo Ferreiro. O evento será acompañado pola música de Alberto Laso e Karlos Barral, co seu proxecto Infusiones Musicales.






