Arquivo da categoría: Recitais
Ribadavia: presentación e recital de Muller de papel, de Rochi Nóvoa
O
xoves 23 de abril, ás 20:30 horas, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago, 10), preséntase o libro-disco Muller de papel, de Rochi Nóvoa, editado por Abooks. No acto terá lugar un recital de música e poesía. Nese mesmo día, e durante toda a xornada, haberá, no recinto do Museo, liberación de libros, “bookcrossing”.
Pontevedra: actividades do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro
Os
sábado 18 e domingo 19 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
Sábado 18
– 18:00 h. Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López, por Edicións do Cumio. Participará Cándido Meixide.
– 19:00 h. Presentación do libro Os ratos da casa, de Xosé Manuel González “Oli” e ilustracións de Natalia Colombo, por Kalandraka. Sinatura de exemplares.
– 20:00 h. Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental e coloquio por Gonzalo Veloso e Francisco Castro. Galaxia.
Domingo 19
– 13:00 h. Recital poético–narrativo coa participación de Teresa Cameselle, Lydia Leyte, María Lado e Mariña Pérez Rei
Pontevedra: 5º Festival PontePoética
A Coruña: recital de Samuel L. París e Lello Voce no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 20 de abril
O
luns 20
de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Samuel L. París e Lello Voce. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2015.
Pontevedra: 5º Festival PontePoética
Lugo: Diálogo poético con Luís Pimentel, con Claurio Rodríguez Fer
Crónica fotográfica do 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte
Estas son algunhas das fotografías do acto 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte. Pódese ver a galería completa aquí.
Monforte: 2015, ano Lois Pereiro
As actividades deste sábado 11 de abril en Monforte teñen a súa orixe nunha moción do grupo de goberno que foi aprobada na sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal o pasado 26 de xaneiro. Nesta proposta recollíase declarar o 2015 como Ano Lois Pereiro e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.
Os actos, abertos á participación da cidadanía, comezarán ás 11:45 horas coa recepción á familia de Lois Pereiro, e ás autoridades e invitados/as.
Ás
12:00 h. celebrarase o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO, dándose lectura á acta da sesión plenaria onde se recolle este acordo.
Ás 12:15 h. abrirase a Biblioteca Pública Municipal e realizarase o selado de diferentes libros de e sobre Lois Pereiro co novo selo coa súa imaxe.
A partir das 12:30 h., no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ó público no que participarán varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Este acto comezará co saúdo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e continuará coa lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros/as, dos e das escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais.
O Concello encargou unhas chapas con estrofas de poemas de Lois Pereiro, chapas que se repartirán entre as persoas que asistan ao acto.
A xornada conmemorativa rematará ás 21:00 h. cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos VERA LYNN e OS TRES TREBÓNS.
Por outra banda, as portas de acceso á Biblioteca Pública Municipal serán rotuladas coa imaxe do poeta e o nome que a partir do sábado denominará a este centro de estudo e lectura.
Ademais das actividades programadas para este sábado, ó largo do ano 2015 desenvolveranse varios actos sobre a figura de Lois Pereiro. O primeiro deles levarase a cabo este xoves día 9 de abril e terá coma escenario os tres IES da cidade.
García, integrante do grupo Dios Ke Te Crew, e o cantautor punk O Leo, ofrecerán ao estudantado de bacharelato unha charla-actuación para divulgar e motivar á mocidade na participación dos actos do sábado día 11.
García e Leo teñen musicado varios poemas de Lois Pereiro, ademais Leo (filólogo e profesor de galego) é un erudito na obra do escritor e poeta monfortino.
As charlas serán ás 10:15 h. no IES Daviña Rey, ás 12:00 h. no IES Río Cabe, e ás 13:25 h. no IES A Pinguela.
Todas estas actividades contan co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.












