O
venres 15 de febreiro, ás 21:00 horas, no Nornas Hostel (Rúa da Igrexa, 15) de Gondomar, Xabier Xil, Elvira Riveiro e Silvia Penas, acompañados pola DJ Carina Posse, ofrecen o espectáculo poético-musical Tristecentos versos. O prezo da entrada é de 2 euros.
Arquivo da categoría: Recitais
Arteixo: coloquio sobre o Colectivo Literario Sacou e recital poético
O
luns 18 de febreiro, as 21:00 horas, na Libraría A lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, terá lugar un coloquio sobre o Colectivo Literario Sacou coa participación de Ramón Blanco, Anxo Otero e Manuel L. Rodrigues, onde falarán sobre os seus proxectos individuais e colectivos. O acto finalizará cun recital poético.
Vilagarcía: nova edición da Mesa das verbas
Vigo: edición de febreiro do Círculo Poético Aberto
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (VII)
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Continuamos coa publicación diaria daqueles centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Cando a luniña aparece: Colexio Divina Pastora, O Barco de Valdeorras.
– Si a vernos, Marica, nantronte viñeras: CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal.
– Como chove miudiño: CEIP de Baño-Xanza, Valga.
– Miña Santa Margarida: CEIP O Ramo, Fene.
– Eu cantar, cantar, cantei: IES Marqués de Sargadelos, Cervo.
Bueu: presentación de Monicreques, de Xosé Daniel Costas
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (VI)
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Continuamos coa publicación diaria daqueles centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– -Meniña, ti a máis hermosa: CEIP Belesar, Baiona.
– ¿Que ten o mozo?: CEIP Agro do Muíño, Bertamiráns, Ames.
– La gaita gallega (Ventura Ruiz Aguilera) e Has de cantar: CPI de Ponte Carreira, Frades.
– A gaita gallega (Resposta): IES Pedro Floriani, Redondela.
– -Vente, rapasa: CEIP de Bandeira, Silleda.
Madrid: presentación de Interior con froiteiro e feridas, de Manuel Pereira Valcárcel
Santiago: After, recital de María Lado e Lucía Aldao
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (V)
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Continuamos coa publicación diaria daqueles centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Non che digo nada: Colexio Jaime Balmes, Noia.
– Mais ó que ben quixo un día: CPI O Feal, Narón.
– Castellana de Castilla: IES Miguel Ángel González, O Carril, Vilagarcía de Arousa.
– Queridiña dos meus ollos: IES Salvaterra de Miño.
– A Roberto Robert redactore da Discusión, a quen lle gustan os contos i o gallego: IES Xulián Magariños, Negreira.




