A Coruña: Roteiro (íntimo) poético, con Xoán Abeleira, o 21 de outubro

O Roteiro (íntimo), guiado na Coruña por Xoán Abeleira, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Terá lugar o sábado 21 de outubro, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de saída a Escola Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). Neste roteiro o autor fará un percurso persoal por varios espazos vinculados á súa extensa traxectoria de vinculación á poesía como forma primordial de coñecemento e indagación na Realidade.

Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Compostela: “Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela”, do 29 de setembro ao 1 de outubro

A Coruña: Roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, o 9 de setembro, con José-Maria Monterroso Devesa

O sábado 9 de setembro, ás 12:00 h, farase un roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, guiado por José-Maria Monterroso Devesa, organizado pola A. C. Alexandre Bóveda.
Con el pasearemos este cemiterio de galegos/as ilustres parando en vinte tumbas que acollen a persoeiros aquí enterrados relacionados coa escrita e a literatura: Jenaro Marinhas del Valle, Irmáns Vilar Ponte, Luz Pozo Garza, Luísa Villalta, Eladio Rodríguez, Ánxel Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Pérez Lugín, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Martelo Paumán, Xohán Casal, Curros Enriquez, Os Carré, Luís Seoane, Lugrís Freire, Irmáns De la Iglesia, Pérez Ballesteros e Manuel Murguía.
Monterroso Devesa, é poeta, articulista e ensaísta, autor entre outros libros de O cemitério de Santo Amaro (1992) editado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.
As persoas interesadas poden anotarse aquí (xa están as prazas esgotadas).

Parada, O Courel: Festival dos Eidos 2023