Estas son algunhas das fotografías do Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, que guiou Ana Abad de Larriva o domingo 29 de maio. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (fotos cortesía da Deputación de Pontevedra).
Arquivo da categoría: Teatro
Lugo: presentación de Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa
O 30 de maio, ás 19:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21º), en Lugo, preséntase o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Estarán presentes Pilar García Negro, Manuel Castelao Mexuto e Marica Campo.














