Moaña: Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns

Destacado

O Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Moaña e o patrocinio da Xunta de Galicia.

O corpus poético de Xosé Manuel Millán Otero constitúe unha das voces máis intensas, sensibles e comprometidas da poesía galega contemporánea. O seu estilo está marcado pola profundidade existencial, a conexión coa paisaxe e o uso dunha linguaxe evocadora. Diremos pupila, lábio e terra. Camiñaremos polo linde da materia. Traballaremos voz con voz aos seus textos para achegarnos, nun intento fugaz, á súa obra. Fomentaremos a escritura creativa, inspirándonos na súa capacidade para transformar a realidade en imaxe poética.

O obradoiro será impartido por Míriam Ferradáns, cunha sesión especial con Xosé Daniel Costas Currás.

Hai 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro.

O obradoiro desenvolverase na Casa da Mocidade (cMo) de Moaña (Rúa María Martín, s/n).

Calendario e horarios

Sábados 6, 13, 20 e 27 de setembro; 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2025, de 11:00 a 13:30 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Bases do VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal

Destacado

Aquí poden consultarse as Bases do VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, organizado pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo, e a subvención da Deputación da Coruña.

Foto de Carlota Mosquera, gañadora da edición anterior.

BASES DA CONVOCATORIA PARA O VIII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2025: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática 2025, o domingo 19 de outubro de 2025, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente.

Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego ou portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.

Un comité de selección, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (TRC) da Coruña e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português en Vigo (Camões–CCP em Vigo), baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal.

Unha vez (re)presentadas, as/os creadoras/es de cada proxecto deberán emitir un voto secreto polo proxecto que consideren mellor, excluíndo na papeleta de votación o seu propio. Estes votos e os do comité organizador e, se así o considerar, o da persoa convidada de honra, concederán o IV PREMIO VIII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2025, que consistirá na estrea da peza. É importante sinalar que, unha vez (re)presentados os proxectos, o xurado pode considerar que ningún deles reúne as características ou condicións necesarias e, por tanto, deixar o premio deserto.

O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.

No breve debate posterior ás presentacións búscase coñecer a reacción do público, nun diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.

As (re)presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado. Para a selección do proxectos privilexiaranse aqueles en que as presentacións reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.

Aínda que o nome deste evento é “Festival”, non contamos coas infraestruturas nin a capacidade de produción dun festival de artes escénicas ao uso. Neste caso trátase dun espazo diáfano, cunha luz xeral e con mínimas posibilidades no que atinxe a equipamento técnico. Tampouco hai tremoias nin persoal técnico ao servizo das (re)presentacións dos proxectos. Por tanto, é necesario que as/os creadoras/es amosen o seu traballo, ou o bosquexo do seu traballo, dentro das súas propias capacidades para facelo.

Condicións:

– Asígnase un orzamento total de 500 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 600 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal, onde se entenden incluídos todos os custos (desprazamentos, etc.).

– Prazo para a presentación de propostas: 14 de setembro de 2025.

– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Sección de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo) en función de:

+ Descrición e formulación do proxecto.
+ Breve mostra da peza.
+ Currículum das/os dramaturgas/os.

Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 14 de setembro de 2025, a: oficina@aelg.org

As/os creadoras/es seleccionados para (re)presentar os seus proxectos escénicos deben comprometerse a estar presentes durante toda a xornada que dura o Festival (dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática 2025, o domingo 19 de outubro de 2025, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente) e participar nos debates dos proxectos (re)presentados polas/os súas/seus colegas, de tal xeito que poidan, ao final da xornada, emitir o voto correspondente para o IV Premio VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal.

IV PREMIO VIII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2025

Ademais do orzamento asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, un comité, formado polo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo, e, se así o considerar, a persoa convidada de honra, e contando cos votos das/os creadoras/es participantes, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

***

BASES DA CONVOCATÓRIA PARA O FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2025: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática 2025, o domingo 19 de outubro de 2025, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente.

Convocatória aberta a 7 projectos de artes cénicas que utilizem textos em galego ou português, individuais ou colectivos, para um espectáculo em qualquer das modalidades e géneros das artes cénicas. Deve tratar-se de uma peça ou proposta cénica que esteja em processo de criação/realização.

Um comité de seleção, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo, baseando-se em critérios artísticos, escolherá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para serem (re)presentadas no VIII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal.

Uma vez (re)presentadas, as/os criadoras/es de cada projecto apresentado deberão emitir um voto secreto pelo projecto que considerem melhor, excluindo na papeleta de votação o próprio projecto. Estes votos e os do comité organizador e, se assim o considerar, concederão o IV PRÉMIO VIII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2025, que consistirá na estreia da peça. É importante assinalar que, uma vez (re)presentados os projectos, o júri pode considerar que nenhum deles reúne as características ou condições necessárias e, portanto, deixar o prémio deserto.

O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para uma breve análise, debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.

No breve debate posterior às presentações procura-se conhecer a reacção do público, num diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em andamento.

As (re)presentações fazer-se-ão no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais acaído. Privilegiar-se-ão as apresentações que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.

Embora o nome deste evento é “Festival”, não possuímos as infraestruturas nem a capacidade de produção de um festival de artes cénicas ao uso. Neste caso trata-se de um espaço diáfano, com uma luz geral e com mínimas possibilidades no que atinge a equipamento técnico. Também não há tramóias nem pessoal técnico ao serviço das (re)presentações dos projectos. Portanto, é preciso que as/os criadoras/es mostrem o seu trabalho, ou o rascunho do seu trabalho, dentro das suas próprias capacidades para fazê-lo.

Condições:

– Atribui-se um orçamento total de 500 euros para cada projecto seleccionado desde a Galiza e 600 euros para cada projecto seleccionado desde Portugal, onde se entendem incluídos todos os custos (deslocamentos, etc.)

– O prazo para a apresentação de propostas: 14 de Setembro de 2025.

– A selecção dos projectos será realizada por parte da organização (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Secção de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalia de Castro da Corunha; e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo) em função de:

+ Descrição e formulação do projecto.
+ Breve mostra da peça.
+ Currículo das/os dramaturgas/os.

Estes materiais deverão ser enviados em formato digital, antes das 24 h. do 14 de Setembro de 2025, a: oficina@aelg.org

As/os criadoras/es seleccionadas/os para (re)presentarem os seus projectos cénicos devem comprometer-se a estarem presentes durante toda a jornada que dura o Festival (dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática 2025, o domingo 19 de outubro de 2025, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente) e participarem nos debates dos projectos (re)presentados pelas/os suas/seus colegas, de tal modo que possam, ao final da jornada, emitirem o voto correspondente para o IV Premio VIII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal.

IV PRÉMIO VIII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2025

Para além do orçamento atribuído a cada proposta para a sua (re)presentação no VIII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, um comité, formado pelo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía Castro da Corunha, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Português en Vigo, e, se assim o considerar, a pessoa convidada de honra, Roberto Pascual, dramaturgo, investigador e docente, ex-director da MIT de Ribadávia, e contando com os votos das/os criadoras/es participantes, seleccionaram propostas para oferecer-lhe a possibilidade de ser estreada. O júri também poderia decidir deixar o prémio deserto de os projectos (re)presentados não reunirem as características e condições necessárias.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Carlos Taboada

O escritor, editor, publicista e ilustrador Carlos Taboada faleceu o 13 de agosto en Pontevedra. Autor de diversas obras individuais e colectivas, levou adiante tamén un importante traballo en proxectos como o colectivo de actividades artísticas Polo Correo do Vento e Lela Edicións.

Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz.

Quédanos a súa obra e o seu exemplo vital como persoa de creatividade multidisciplinar e grande humanidade.

Desde a AELG adherímonos ás palabras que Míriam Ferradáns nos transmite sobre Carlos: “Ser bo. Ser bo e esforzarse por selo. Escoller entre moitas posibilidades aquelas que permiten seguir alimentando un corazón limpo e nobre. Posuír a bondade sen limitarse ao xesto. Traballar con talento, alegría, visión e profundísimo compromiso cara á cultura, á lingua, á infancia e á sociedade. Traballar con amor. Cunha sensibilidade incuestionable. Con ansia. Ser bo e trazar as cores dos murais, as cores dos libros, as cores das palabras e as cores da risa das persoas queridas que resoarán, co pasar do tempo, coma unha melodía vibrante e feliz. Ser bo e que este silencio inesperado atravese centos de estratos ata o centro exacto da vida que ti nos deixas.”

Viveiro: actividades do 14 de agosto na Feira do Libro 2025

Carlos L. Bernárdez: “Castelao fixo unha viaxe intelectual e plástica na súa obra sobre os negros”

Entrevista de Xan Carballa a Xosé Carlos López Bernárdez en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Esta achega á obra plástica de Castelao, agrupa dous traballos diferenciados.
– Xosé Carlos López Bernárdez (XCLB): Un aborda unha análise resumida da súa plástica anterior a 1936, pero o traballo sobre os debuxos de negros é a cerna do libro porque aínda que houbo outros estudos sobre eles crin que merecía novas lecturas. Está feito desde unha perspectiva algo novidosa, porque me parece que para entender as imaxes dos negros de Castelao era oportuno ver a imaxe do negro nese período no contexto internacional, dos anos 20 e 30 fundamentalmente. Como aparece na arte e na imaxe cultural europea e americana desde unha perspectiva, ás veces folclorizada ou racializada de maneira moi marcada, e tamén como os propios negros, escritores ou artistas plásticos, se vían a si mesmos e redefinían a súa imaxe. Acudín ás imaxes propostas nos anos 20, en Nova York e noutros ambientes culturais americanos e tamén revisei as imaxes do negro producidas no París que coñeceu Castelao no ano 1921. Ese foi o punto de partida.
– ND: O singular é que eses debuxos negros só existen porque houbo exilio e o Castelao propagandista da causa democrática botou case un ano movéndose intensamente polos Estados Unidos.
– XCLB: Iso é certo e esa xeira militante é ben coñecida. Na prehistoria desa proposta artística de Castelao houbo poucos exemplos de representación dos negros na súa obra. Hai tres debuxos moi distintos que me parecen interesantes e se reproducen no libro: unha cartolina pequena nun café de París no ano 21, o debuxo de Panchito no conto de Cousas e unha viñeta do Faro de Vigo do 1927 que é unha obra que pode resultar incómoda pero é moi reveladora. Estudei estas imaxes contextualizadas para entender como a cultura plástica de Castelao tamén respondía a un pensamento dominante da época. (…)”

Viveiro: actividades do 13 de agosto na Feira do Libro 2025

Antonio Tizón: “Isto supón o final dunha etapa da miña vida literaria”

Entrevista a Antonio Tizón en La Opinión:
“(…) Unha historia que conta a realidade de moitas avoas, nais e madriñas de Galicia que non tiveron unha educación, pero que cantaron e transmitiron a cultura popular cos seus cantos. Esta historia está presente no libro Coplas analfabetas, do escritor Antonio Tizón, nado en Aranga e afincado na Coruña e que leva traballando neste proxecto arredor de nove anos.
Durante este proceso tivo que buscar quen lle fixese a adaptación musical das coplas que compila no libro, e atopar a voz da avoa, figura principal do relato, inspirado na madriña do autor, María Domingo Cordeiro, unha muller analfabeta pero cun gran repertorio de cantigas populares. «Pasei moito tempo falando con distintas mulleres ás que lles interesase o proxecto, pero ían caendo polo camiño. Ao final tiña á mellor actriz diante dos fuciños, a miña amiga Eugenia Sanmartín, que fixo todo o arranxo musical, e á parte tamén é actriz e cantante», explica Tizón.
Coplas analfabetas conta con 55 poemas encadeados. «A partir deles, seleccionamos catorce coplas para adaptar musicalmente. Das catorce, dez adaptounas Eugenia Sanmartín, tres fíxoas Barahunda e unha, Carmen Penim. E logo tamén participou Davide Salvado como a voz do neto», indica. (…)”