O 7 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas de Nicanor Alonso e Miguel Mirás, publicado por Xerais. No acto participarán Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC; Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro; e Fran Alonso.
Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019: Adolfo Caamaño, o 5 de outubro
Os Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
Todos os Paseos comezarán ás 11:30 h.
Para se inscribir é necesario enviar os seus datos (nome completo, enderezo e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos queren apuntarse. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
Sábado 5 de outubro
Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade?
Con Adolfo Caamaño.
Sábado 19 de outubro
A cidade imaxinada: unha memoria familiar
Con MN Soutelo.
Sábado 26 de outubro
Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella.
Con Elena Gallego Abad.
Casardeita (Ramirás): Festival músico-poético Lois Antón 2019
Allariz: Vermú literario con Suso de Toro
Arteixo: presentación do libro Sabón, de Xabier Maceiras, e o documental 12 Leiras, de Xosé A. Bocixa
Vigo: presentación de Red Lion, de María Alonso
Goián: representación de #camiños, de ButacaZero
O sábado 5 de outubro, ás 22:00 h., chega ao Auditorio de Goián #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego.
Quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser.
Para tecer este mapa botaron man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.
Tanta festa se xuntará no Auditorio de Goiáns que estarán presentes As churrascas, que levarán a escena aDiosRíos_aDiosFontes, o título do seu primeiro “hit” de música electrónica cos versos de Rosalía de Castro.
Compostela: Club de lectura feminista A Lila + A Sega: Diáspora do amor balea, de Andrea Nunes Brións e María Rosendo
Ponteareas: presentación de Os anxos indecisos, de Manrique Fernández
A AELG promove a literatura galega en Colombia
A Feria Internacional del Libro de Pereira-Eje Cafetero é unha iniciativa de varias institucións culturais e empresariais do Departamento de Caldas, en Colombia, á que foi convidado Cesáreo Sánchez Iglesias en calidade de presidente da AELG, quen desenvolverá un programa de actividades destinado a difundir a literatura galega.
A súa presenza permitirá definir conxuntamente con axentes culturais colombianos estratexias para facilitar o coñecemento da nosa literatura entre o alumnado dos diversos niveis educativos de dese Departamento, ao tempo que participará en diversos actos enfocados á difusión da nosa literatura no marco da Feira do Libro.
Nos últimos anos, o territorio de Caldas iniciou con Galicia uns vínculos activos en materia cultural, afianzados pola irmandade entre o Concello de Caldas de Reis e o municipio de Villamaría, no propio Departamento de Caldas, que ten ese nome en honor á figura de Francisco José de Caldas (1768-1816), científico ilustrado autodidacta e polifacético, nomeado hai tres anos Fillo Adoptivo do Concello de Caldas de Reis por ser o seu orixinario da vila galega.
Trátase dunha figura fundamental no desenvolvemento científico do estado americano e tamén é un prócer da independencia de Colombia en 1819 por ter sido executado uns anos antes, na “reconquista” dese territorio polo exército español. É unha personaxe moi querida en Colombia, e por iso é coñecido como o “Sabio Caldas”. Licenciado en Dereito, foi botánico, astrónomo, físico, xeógrafo, cartógrafo, enxeñeiro militar e editor dunha revista de divulgación científica, o Semanario del Nuevo Reino de Granada. En Ecuador estudou case 5.000 plantas, levantou planos de moitos territorios e dirixiu o primeiro Observatorio Astronómico de América, o de Santa Fe de Bogotá. O seu traballo como editor, aínda que breve, tamén foi moi destacábel.