A segunda
feira 7 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Lara Dopazo e a poeta iraquí Manal Al-Sheikh (as traducións ao galego dos seus poemas son obra de Gonzalo Hermo). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outubro 2019.
Compostela: presentación de Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas, de Nicanor Alonso e Miguel Mirás
O 7 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas de Nicanor Alonso e Miguel Mirás, publicado por Xerais. No acto participarán Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC; Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro; e Fran Alonso.
Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019: Adolfo Caamaño, o 5 de outubro
Os Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
Todos os Paseos comezarán ás 11:30 h.
Para se inscribir é necesario enviar os seus datos (nome completo, enderezo e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos queren apuntarse. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
Sábado 5 de outubro
Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade?
Con Adolfo Caamaño.
Sábado 19 de outubro
A cidade imaxinada: unha memoria familiar
Con MN Soutelo.
Sábado 26 de outubro
Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella.
Con Elena Gallego Abad.
Casardeita (Ramirás): Festival músico-poético Lois Antón 2019
Arteixo: presentación do libro Sabón, de Xabier Maceiras, e o documental 12 Leiras, de Xosé A. Bocixa
Allariz: Vermú literario con Suso de Toro
Vigo: presentación de Red Lion, de María Alonso
Goián: representación de #camiños, de ButacaZero
O sábado 5 de outubro, ás 22:00 h., chega ao Auditorio de Goián #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego.
Quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser.
Para tecer este mapa botaron man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.
Tanta festa se xuntará no Auditorio de Goiáns que estarán presentes As churrascas, que levarán a escena aDiosRíos_aDiosFontes, o título do seu primeiro “hit” de música electrónica cos versos de Rosalía de Castro.