O Concello de Santiago de Compostela encargou a Marcos Lorenzo un estudo estatístico sobre a situación da cultura no municipio. O autor compartiu o resultado dese traballo, confeccionado a partir da consulta a 63 fontes estatísticas oficiais e da implementación dun cuestionario dirixido a 322 axentes socioculturais da cidade. Pode descargarse aquí.
Noia: lanzamento de Origem e ruptura, de Ramiro Vidal Alvarinho
Unha “peza teatral aberta” de Ana Abad gaña o II Premio Vidal Bolaño
Desde Sermos Galiza:
“A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntase como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras”. Eis, sinteticamente, os argumentos do xurado do Premio Vidal Bolaño, que decidiu distinguir o traballo de Ana Abad de Larriva.
A sombra das árbores gañou así a segunda edición dun certame que ten “como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato”. Dotado con 2.000 euros e mais coa publicación na colección Costa Oeste, do xurado fixeron parte as dramaturgas Raquel Castro e Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas.
O galardón convocárono a Editorial Galaxia, o Concello do Porriño e o equipo de dinamización lingüística do IES Ribeira do Louro. O sábado 29 de xuño, no mencionado instituto, Abad de Larriva recibirá o premio.”
Pontevedra: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Ourense: presentación de Infamia, de Ledicia Costas
Celia Díaz Núñez e Natalia Alonso Ramos, gañadoras dos Premios O Facho 2019
O pasado 31 de maio Celia Díaz Núñez gañou o Premio de Teatro Infantil O Facho 2019. O xurado, composto por Manuel Lourenzo, Diana Varela, Carmen Martínez e Henrique Sánchez, acordou por unanimidade outorgar o premio á obra Unha estrela para Amina.
A xornalista Natalia Alonso Ramos foi a gañadora do Premio O Facho de poesía, coa obra A síndrome de Hayworth, que será publicada por Medulia. O xurado, integrado por Xulio López Valcárcel, Fernando Díaz-Castroverde e Henrique Sánchez, fallou o premio por unanimidade.
Ferrol: presentación de Indómita e a semente da inmortalidade, de Álex Mene
Cambados: actos destacados do 20 de xuño na Feira do Libro 2019
O 20 de xuño continúa a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación da revista Cen Follas de artes e letras, da Asociación Cen Follas. Participan Bea Laya, José Vaamonde, Víctor Caamaño, Xosé María Vila Ribadomar e Juan Carlos Vázquez, representante da bodega Carballal.
– 20:00 h. Presentación de As nosas letras de Muller a Muller, de María Eiras. Participa Maribel Iglesias Baldomero.
Convocatoria para textos sobre o fútbol
“A profesora Eva Teijeiro (evateijeiro@edu.xunta.gal) xestiona un blog, Entreno diario, diario de entreno, no que se publican historias relacionadas co fútbol, tentanto ofrecer unha visión diferente da que amosan os medios de comunicación en relación con grandes clubes. Tamén se quere demostrar que este deporte non é alleo a distintas manifestacións culturais.
Este era un proxecto do finado Xosé Anxo Varela Canti, na súa homenaxe habilitouse novo blog para ir colgando materiais.
Agradecen calquera achega de textos ou recomendacións con respecto a esta temática, para ilo enchendo de contidos diversos que o fagan dalgún xeito un referente na rede sobre esta cuestión.
Os textos ou fragmentos inéditos ou publicados (poesía ou prosa) deben ter algunha relación co fútbol, aínda que non sexa a súa temática principal.
Deben ser enviados ao enderezo electrónico citado no inicio (evateijeiro@edu.xunta.gal).”