Poio: Xornadas de poesía Mira a onda
Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, premiado co San Clemente
Desde
Sermos Galiza:
“Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, recibe o premio na categoría de lingua galega da XXV edición dos premios San Clemente Rosalía – Abanca. Este recoñecemento súmase ao Premio Xerais de Novela (2018), o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa (2018) e o Premio Fervenzas Literarias á Mellor capa de adultos (2018), xa recollidos pola autora.
Este galardón é outorgado polo alumnado de bacharelato de distintos institutos: Ramón Cabanillas (Cambados), Francisco Daviña Rey (Monforte), Blanco Amor (Ourense), Rosalía de Castro, Xelmírez II e Pontepedriña (Santiago).
Emma Pedreira revisa en Besta do seu sangue o mito da licantropía, empregando diversos rexistros e múltiples voces. A trangresora e fragmentaria revisión en clave de xénero da historia de Romasanta cautivou un xurado mozo que actuou con plena independencia na súa escolla.
Magnetizado, de Carlos Busqued, foi galardoado na categoría de lingua castelá, mentres o italiano Antonio Manzini levou o recoñecemento por 7-7-2007 na de lingua estranxeira. “
Pontevedra: conmemoración do 70 aniversario da Colección Benito Soto
Entrevista de Ronsel Pan a Anxos Sumai
Carballo: representación de Despois das ondas, de Ernesto Is
“O
22 de novembro, ás 21:00 horas, todas as persoas que se decidan achegarse ao Auditorio Pazo da Cultura de Carballo poderán ver en persoa á grandísima María Casares, grazas á maxia do teatro. Será ademais a última oportunidade do ano para vela. ButacaZero e a Deputación da Coruña embárcanse neste grande reto coa peza Despois das ondas, de Ernesto Is baixo a dirección de Xavier Castiñeira, quen consegue sacar de Belén Constenla unha das súas mellores interpretacións encarnando a unha das personaxes galegas máis internacionais: a grande diva do teatro e o cinema francés do século XX María Casares.
Ernesto Is, quen levou por esta peza Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña, propón unha viaxe en tren no que a diva do teatro vai recordando a súa vida, dende a súa infancia na Coruña, ate a chegada da República, a Guerra Civil, o exilio, o seu éxito profesional como actriz francesa ou a morte do seu grande amor: Albert Camus.
Pero Constenla non estará soa en escena, completan o elenco Nerea Brey, quen tamén se colocará na pel da diva na súa infancia e xuventude, e Sonsoles Cordón, quen amosará a súa versatilidade escénica entre bailes, coreografías e creación de numerosas personaxes.
Con todo, non serán as únicas que se suban ás táboas do Auditorio, pois outras catro persoas estarán en escena para que a maxia do teatro e a do cinema se poidan mesturar. Roi Fernández foi o encargado do deseño da parte audiovisual, e estará acompañado en escena por Esther F. Carrodeguas, Beatriz de Vega, e Ernesto Is, quen se encargará de xerar os sons tamén en vivo e en directo. Os catros son os encargados de que o teatro se converta nun plató de cinema e de que os espectadores poidan ver un espectáculo tan teatral como cinematográfico.”
Ribeira: inauguración da Homenaxe aos gravadores galegos: Luís Seoane, o 22 de novembro ás 20 h.

(No acto participa Xosé Carlos López Bernárdez)





