Desde
O levantador de minas:
“Reunido o xurado, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 11 de maio, venres, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.
Reunido o xurado, composto por Begoña Paz (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Mario Regueira (crítico representante da Asociación Galega da Crítica), Teresa Moure (gañadora da 26ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (agora por orde alfabética de autora):
– Bochorno, de Charo Pita.
– Unha praia na Polinesia, de Mercedes Leobalde García.
– A Porta do Reconhecimento, de Tiago Alves Costa.
De todos os relatos recibidos, 63 foron admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
A coordinación agradece un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Aida Saco, compositora que interpretará a piano pezas do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luís Davila nos deleitará cos seus deseños proxectados en directo. Rematado o acto, ofrecerase un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá unha lembranza da figura de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.”
A Coruña: Seminario Celtismo e cultura atlántica
Bases do XLIV Premio de poesía Concello de Vilalba, 2018
Vigo: presentación do libro Os cantos do mar, con Dorothé Schubarth
A Coruña: conversa Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen estado
Tabela dos libros. Maio de 2018
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Isabel Soto e Xavier Senín publican María Victoria Moreno. Sementadora de futuro
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“‘Ela apostou polo xénero conscientemente en galego e fíxoo cunhas obras que no seu contexto son totalmente innovadoras’. Isabel Soto e Xavier Senín publican en Xerais a obra María Victoria Moreno. Sementadora de futuro. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Iria Misa: “Gustaríame axudar con esta novela a que os mozos recoñezan a violencia machista”
A Coruña: presentación de Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas
Compostela: Seminario Mundos/Galiza, impartido por Lois Diéguez, os 23 e 30 de maio
O
Seminario Mundos/Galiza é unha actividade da A. C. O Galo, onde se tratará outro xeito diferente de viaxar e sobre recursos culturais de Galiza con capacidade de xerar turismo de calidade. Tamén de como a nosa impronta está presente en algúns itinerarios de países estranxeiros, deseñados pensando nun viaxeiro interesado en comprender a identidade e as realizacións dos pobos que visita e en sentir as sensacións e emocións que isto trae consigo.
O Seminario constará de dúas sesións e impartirao o escritor Lois Diéguez.
O lugar será o Centro Sociocultural do Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado nº 16, baixo. Santiago.
Datas e hora: Mércores 23 e mércores 30 de maio de 2018, ás 18:30 h., ambos os dous días.
Terá unha duración de hora e media cada unha das dúas sesións, será de balde, e contigo poden vir a el un máximo de 2 persoas mais.
O número de prazas é limitado e as persoas socias da AC. O Galo teñen prefencia para ocupalas, as non socias entran naquelas que queden libres. Por isto as persoas non socias debedes anotarvos axiña en ogalo.ac@gmail.com e asemade neste correo electrónico deben apuntase as/os socias/os da A. C. O Galo.
Para anotarse cómpre indicar:
1.- NOME, APELIDOS, DI
2.- TELÉFONO DE CONTACTO e CORREO ELECTRÓNICO
Este é o programa:
– 1ª Sesión: Mércores, 23 de maio 2018, ás 18:30 h.
Vello Mundo/Galiza
1.1. Portugal: Itinerario Inés de Castro
1.2. Irlanda (Dublín): Bru Na Boinne (Newgrange), Túmulo neolítico.
1.3. Catalunya: La Vall de Boí, Festa del Foc.
1.4. Bulgaria (Kazanlak): Túmulo tracio.
1.5. Itinerario Exeria: Palestina (Monte Nebo, Val do Xordán…), e Exipto (Tebas).
– 2ª sesión: Mércores, 30 de maio 2018, ás 18:30 h.
Galiza
2.1. A Cultura inmaterial: Fachas de Castelo, Taboada (Lugo).
2.2. A paisaxe: Miradoiros da Ribeira Sacra.
2.3. O Entroido: Oso de Salcedo, A Pobra do Brollón (Lugo).
2.4. Os Monumentos: Viaxe á Catedral de Santiago seguindo a Rosalía de Castro.”









