A Coruña: recital poético-musical Poesia Multiforme
Últimos días para presentar orixinais ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
“O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, que xa contaba cun acordo de colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega a un acordo equivalente coa Asociación Galega da Crítica (AGC) para incluír de maneira estable un membro no xurado.
O Certame de Arteixo, que pechará a recollida de orixinais da 26ª edición a finais de febreiro, contará cun novo acordo de colaboración para seguir traballando na liña da pluralidade e o rigor que o caracteriza desde o seu nacemento. Segundo argumenta o seu coordinador literario, o escritor Alfredo Ferreiro: “O Certame Manuel Murguía hai moito que está consolidado grazas a que se alicerza en premisas estrictamente literarias como a competencia dos xurados e a tolerancia gráfica, así como na esixente profesionalidade do equipo técnico que o sostén. Pola miña parte, só caben modestas contribucións como esta pretensión de vencellalo máis a un sistema literario que loita por consolidarse e atopar os apoios que necesita. Felizmente, o Concello de Arteixo continúa apostando por manter o apoio á cultura e mesmo demostra interese por novos proxectos”.
O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía conta con tres premios (4000 €, 500 € e 300 €) para orixinais de entre 15 e 30 páxinas enviados até o 28 de febreiro conforme as Bases. Entre os seus gañadores constan xa moitas das grandes figuras da literatura actual.»
Lérez, Pontevedra: conferencia de Calros Solla: “Amuletos, talismáns e pedras de fartura”
Rianxo: presentación de Un cesto de mazás, de Montse Fajardo
Pontevedra: encontro con Emma Pedreira arredor de Corazón e demais tripas
O
venres 24 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29), en Pontevedra, terá lugar un encontro coa escritora e poeta Emma Pedreira arredor do libro Corazón e demais tripas, Premio Literatura Erótica 2016 Narrativas Quentes de Edicións Positivas. A autora conversará con Míriam Ferradáns desta obra de relatos curtos onde a temática sexual vertebra todo a través dunha lingua cercana e chea de humor.
María Solar, xornalista e escritora, autora de Os nenos da varíola
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“María Solar presenta o seu último libro Os nenos da varíola, baseado na historia real dos 22 nenos que saíron de Galicia na expedición do doutor Balmis, que levou a vacina da enfermidade a América a comezos do século XIX. Pode accederse á entrevista aquí.”
#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2017, en formatos pdf e jpg.
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
Actos promovidos pola AELG
Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.
Actos organizados por outras entidades (actualización diaria) Sigue lendo













