Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias do luns 26 e martes 27
Dentro do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terán lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas o luns 26 e martes 27, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
Luns 26
– 20:00 h. Teatro Principal (Rúa da Paz, 9). Acto inaugural. Espectáculo “Ourense Literario”, a cargo da Compañia de Teatro A Panadaría. Con Bieito Iglesias, lembranza de: Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro.
Martes 27
– 20:00 h.. Praza de San Martiño. A (Poesía) Milagre do Mundo. Unha idea de Manuel Rivas. Música de Pulpiño Viascón. Olga Novo, Oriana Méndez, Estevo Creus, María do Cebreiro, Dores Tembrás, Xohana Torres, Iolanda Zúñiga, Lucía Aldao.
Paseos pola Coruña literaria, con Xosé Duncan, o sábado 24 de setembro
Os Paseos pola Coruña literaria – Outono 2016 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
HORARIO:
– Sábado 24 de setembro (12:00-13:30 h.)
INSCRICIÓN (PREVIA E OBRIGATORIA)
ONDE:
Na conserxaría do Centro Ágora (Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos), na seguinte data:
– Paseo do sábado 24 de setembro con Xosé Duncan: inscrición desde o venres 9 de setembro.
PREZO:
De balde, con inscrición previa.
REQUISITOS:
Inscrición previa (55 prazas, en cada paseo). Maiores de 16 anos.
PASEOS POLA CORUÑA LITERARIA 2016
Hai moitas formas diferentes de pasear a cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na nosa cidade: Xosé Duncan, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xulio López Valcárcel.
O sábado 24 de setembro retomamos estes paseos que xa comezamos en 2014 e que tanta demanda tiveron entre a cidadanía.
Os 4 seguintes paseos que imos realizar son:
– Sábado 24 de setembro (12.00-13.30 h): paseo con Xosé Duncan.
– Sábado 15 de outubro (12.00-13.30 h): paseo con Lucía Aldao.
– Sábado 29 de outubro (12.00-13.30 h): paseo con Eli Ríos.
– Sábado 12 de novembro (12.00-13.30 h): paseo con Xulio López Valcárcel.
24 de setembro: Xosé Duncan.
Unha viaxe desde A Coruña de hoxe até a Negruña do século XXIV
A historia de Negruña non é máis que a da idade adulta da Coruña. Perdida a inocencia do século XX e castigada polas decepcións do XXI, a cidade aprendeu a marcar os seus propios ritmos, a ditar as súas propias normas. Durante a nosa andaina, asistiremos á convocatoria de emprego no Arquivo do Reino de Galicia, presenciaremos como os mariñeiros enfermos son recluídos no Castelo de Santo Antón e formaremos parte da reunión clandestina dos Fillos do Gas no Campo dos Menhires, da xestación desa revolta coa que os desposuídos queren castigar esa cidade que renegou deles.
Pontevedra: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín
O luns 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Rúa Don Filiberto, 9- 11), da man do Ateneo de Pontevedra, Isaac Xubín presenta Non hai outro camiño, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado, Xaime Toxo, Ana Acuña e Anxo Angueira.
Entrevista Aldaolado, en Galiza Ano Cero
Dores Tembrás presenta Auga a través
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Dores Tembrás presenta Auga a través, unha plaquette que dialoga co documental Os días afogados. Pode accederse á entrevista aquí.”
Pontevedra: sinatura de Atrofiadas as estrelas, de Alexander Vórtice
A Coruña: presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez Pérez
Calros Solla: “Cerdedo é un concello maldito”
Entrevista a Calros Solla no Diario de Pontevedra:
“(…) Polo de pronto, Cerdedo in the Voyager é unha colección única en Galicia. “E, en boa medida, iso débeselle ao editor”. Morgante, un selo de Rinoceronte, publicou 13 dos 16 libros. Os tres restantes saíron dans mans de Edicións Cardeñoso, Serpe Bichoca e o Museo Liste. “Eu non contei cun editor, contei cun mecenas. Moisés Barcia é máis que un amigo, un irmán. Fomos compañeiros de facultade e de batallas. Metido a editor de éxito, entendeu que o seu selo podía acoller esta colección. A amizade entre nós ten moito que ver, pero tamén é verdade que é un produto curioso: 16 títulos sobre un concello pequeno, sumido nunha decadencia brutal, que foi historicamente moi relevante, aínda que agora desapareza”.
Solla conta que, cando se puxo a escribir sobre Cerdedo, sospeitou dalgunha maneira o que podía pasar no concello. “No verán do ano 1977 un comité de científicos da Nasa, capitaneados por Carl Sagan, decidíu gravar, nun disco de ouro, imaxes e sons da Terra. Colocouno nunha sonda espacial, a Voyager 1, e lanzouno ao espazo. Hoxe é o obxecto deseñado por humanos que está máis afastado da Terra. A idea era lanzar unha mensaxe nunha botella, non só para dicir estamos aquí, existimos, senón para protexer unha especie de legado ante unha catástrofe nuclear. Se iso acontecese, a única testemuña da existencia da humanidade sería ese disco do Voyager”, lembra o autor sobre a orixe do título escollido para a colección. “Cando Cerdedo desapareza, o único que quedará del serán estes libros. Só que no noso caso non desapareceremos por mor dunha catástrofe nuclear senón dunha inmolación caciquil. O único que quedará do noso ADN etnográfico, cultural e antropolóxico será isto e pouco máis”. (…)”
Cabana de Bergantiños: recital de Rosalía Fernández Rial no I Simposio Dolmen de Dombate
O mércores 21 de setembro, ás 18:30 horas, no marco do I Simposio Dolmen de Dombate (Concello de Cabana de Bergantiños), Rosalía Fernández Rial fará un recital de poesía.