Cando a poesía persoal é política (tamén), por Eli Ríos

DesdeEli Ríos A Sega:
“Seique a poesía é esa expresión artística onde se manifestan sentimentos, pero que acontece cando ese sentir privado da poeta atinxe o político? Pois, como ben afirmou o xurado do VII Certame de Poesía Victoriano Taibo sobre O caderno amarelo de Lara Rozados, agroma unha “radiografía xeracional” na que se prescinde do eu como suxeito para convertelo nun plural do que todas formamos parte. A poesía transfórmase nunha ferramenta de expresión das rúas, das súas xentes, do colectivo, do hoxe, do aquí e do agora. Sen adornos e cunha linguaxe clara. Sen eufemismos. Poemas contundentes dun tempo precario, agresivo e inzado políticas discriminatorias e dominantes. Si, o persoal é político tamén.
O caderno amarelo parte do cotián, das cousas concretas que vivimos ou vemos. A poeta enfoca, aporta un gran de luz e fixa a atención nunha notícia dun xornal, nunha carta, nun insomnio, nun silencio,…, e, quen lemos, descartamos a posibilidade da inverosimilitude porque todas coñecemos un Birama, ese desacougo que nos impide durmir (“aproveitaremos tamén/ o insomnio/ para destecermos as arañeiras“, ( p. 37), esa incerteza laboral (“Buscamos unha liña de fuga/ que nos permita vivir/ sen termos que vender seguros/ a porta fría“, (p. 45) ou tentamos “acalmar o proído/ con menta brava”(p. 55). (…)”

A Axenda Cultural chega aos 14000 artigos publicados

HoxeAELG Logo 1-2015 mesmo a Axenda Cultural da AELG superou os 14000 artigos publicados desde o seu inicio, en 2007.

Aproveitamos para agradecer e dar os parabéns a todas as persoas que día a día tecen co seu esforzo e creatividade o traballo colectivo, persistente, variado e incesante da literatura galega. Continuamos o camiño convosco!

Lalín: presentación de Masculino singular, de Carlos Negro

OCarlos Negro venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller de Lalín, terá lugar a presentación do libro Masculino singular, de Carlos Negro, publicado por Xerais. No acto, organizado polo Concello de Lalín e a editora, participan, xunto ao autor, Lara Rodríguez e Mario Pereira.

Carral: entrega do premio do XIX Certame Concello de Carral a Modesto Fraga e presentación de Soño e vértice, de Eva Veiga

13256262_1765184330379895_299546784784121852_n

Marín: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas

OMercedes Queixas 3 venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa Caracol, 36), preséntase o libro Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas, publicado pola editorial Galaxia.