Desde El Progreso:
“Tras doce anos de traballo e paciencia, mentres as árbores trepaban cara o ceo e os alumnos ían cambiando, o IES Castro da Uz pontés inaugurará o 18 de xuño, a partir das 11:20 horas, a súa alameda literaria das árbores celtas, un espazo cheo de maxia no que cada árbore cobra vida en homenaxe a un escritor galego. Media ducia deles, con nomes tan destacados no panorama literario como Manuel Rivas ou Helena Villar Janeiro, estarán presentes nun día para o recordo do centro educativo.
«Dende hai anos, o alumnado leva a cabo unha gratificante pero dura e intensa actividade, unha aventura que comenzou como un xogo», rezaban as cartas que permitindo «o gran atrevemento» se enviaron dende o centro aos escritores que forman parte dun proxecto que foi evolucionando ata converterse na actual alameda literaria.”
Bases do Premio Lazarillo 2015
Héctor Cajaraville: Premio Xerais 2015
Érica Esmorís: Premio Merlín 2015
Crónica videográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (II)
Dentro da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
– Premio de Teatro.
– Premio Blog literario.
– Premio de Ensaio.
– Premio de Narrativa.
Homenaxe poética a María do Carme Kruckenberg, o 7 de xullo, na Feira do Libro de Vigo
Dende a Editorial Galaxia infórmannos que se está a organizar unha Homenaxe Poética á nosa compañeira e Socia de Honra, recentemente finada, María do Carme Kruckenberg, no marco dos actos da Feira do Libro de Vigo, concretamente o vindeiro 7 de xullo ás 20:30 h. O acto consistirá na lectura dun texto da autora que cada participante pode libremente escoller.
Para poder organizar as intervencións, agradécese que quen queira participar envíe un correo electrónico a galaxia@editorialgalaxia.com
Andrea Maceiras: Premio Jules Verne 2015
Premios Xerais 2015. Vídeo do dictame e a entrega dos premios en San Simón
Crónica videográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (I)
Dentro da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
– Presentación inicial, por María Solar.
– Discurso da presidencia da AELG, por Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Introdución ao fallo dos Premios.
– Premio de Tradución.