Vigo: curso de escritura creativa para adultos, impartido por Clara do Roxo
Carballo: inauguración da exposición O desexo
Pontevedra: actos destacados do xoves 7 na Feira do Libro
O
xoves 7 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:00 h. Presentación dos libros infantís O Mago de Oz e Drácula, traducidos por Tamara Aymerich, publicados por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación do libro A horta sen químicos, de Xan Pouliquen, publicado por Baía Edicións.
– 19:00 h. Tamara Andrés asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Constela e Manuel Bragado.
Marín: conferencia Ramón Otero Pedrayo en Marín
Lugo: presentación de Valuria, de Xosé Otero Canto
Galería de Fotos da Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito (2 de abril de 2016)
Deixamos aquí as fotos da Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito, que tivo lugar o pasado 2 de abril. A Galería de Fotos pódese ver aquí.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Manuel Rivas (2 de abril de 2016)
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Manuel Rivas, que tivo lugar o pasado 2 de abril. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Entrevista a Xavier Queipo arredor de Os kowa
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Xavier Queipo presenta Os kowa. A entrevista pode escoitarse aquí. Con esta novela gañou o Premio Blanco Amor.”
Vigo: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O
mércores 6 de abril, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro (Rúa Girona, 3), en Vigo, preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Franco Cobas e Helena Pérez.















