O venres 19 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar un recital con poesía e música na reapertura da Libraría Sisargas no seu novo emprazamento (Rúa San Roque, 7), na Coruña. Participan, na parte poética, Dores Tembrás, Francisco X. Fernández Naval, Xosé Iglesias, Jose Montero, Rodrigo Osorio, Teresa Ramiro, Rosalía Fernández Rial e Ramiro Torres, e na parte musical César Morán. Previamente ao recital haberá unha actuación de Xurxo Souto.
Bases do 24º Certame de narracións breves Manuel Murguía
Xa somos aelg.gal
Lugo: O Pazo das Musas (2004-2014). 10 anos de inspiración
Vigo: presentación de dun lago escuro, de Marta Dacosta
A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Nova Colón (Rúa San Andrés, 112) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, no que estará presenta o propio autor, está enmarcado na ruta Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña, nunha cita reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos. Parella prodixiosa cuxa presenza iluminou nos anos cincuenta estas rúas do centro da cidade (o poeta Antón Avilés residía nunha pensión na praza de Santa Catarina, Urbano Lugrís na propia rúa de San Andrés). Este acto quere ser tamén un adianto dos fastos do V Día Lugrís que se desenvolverá o vindeiro sábado, promovido por In Nave Civitas, Asociación O Mural e AELG, e que deixará como pegada gráfica, na veciña praza de Sellier, unha gran reprodución de dúas obras do propio pintor Urbano. Como sempre, alén da palabra, haberá toque de cornas e acordeón.
A Coruña: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval e proxección de Cortázar Galicia
Vigo: presentación da tradución de A Divina Comedia, de Dante, por Darío Xohán Cabana
O xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase a de A Divina Comedia de Dante, feita por Darío Xohán Cabana e publicada por Edicións da Curuxa. No acto, xunto ao tradutor, participan Xosé Luís Axeitos e Xosé Luís Méndez Ferrín.
A Coruña: recital poético de Estevo Creus coas persoas participantes dos cursos de poesía Apiario
O xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Café Livraria Linda Rama da Coruña (Rúa Porta de Aires, 4, baixo), @s participantes dos cursos de poesía Apiario protagonizarán un recital poético, acompañados por Estevo Creus, que tamén recitará e fará de padriño do recital.
Concurso Es de libro
NOTA. O concurso Es de libro, iniciativa de CEDRO, admite orixinais en calquera das linguas oficias, co que animamos ao envío dos mesmos en galego. As inscricións pódense realizar aquí.