Entrevista de Carme Vidal a Xurxo Souto en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Libro de narrativa máis vendido do verán e máis de trescentas persoas nalgunha das presentacións. Que ten Contos do mar de Irlanda para chamar así á xente?
– Xurxo Souto (XS): Na presentación, os verdadeiros protagonistas son os mariñeiros, os patróns. Vívese unha emoción compartida. En Corrubedo, poño por caso, o protagonista do acto foi o patrón José Graña, a quen lle cantamos un corrido colectivo. Nese acto unha muller levantouse e dixo que aquilo non era unha homenaxe a Graña senón a todas as mulleres e homes do mar de Corrubedo. Encantoume.
Parece que todo está inventado mais todo está por facer, tamén na difusión do libro. Cando me dixeron que ía saír no mes de xullo pensei que o lóxico era agardar a setembro para presentalo mais o que aconteceu é que a xente de mar volve ás ribeiras no verán. Son lugares aos que normalmente non se levan actos literarios e teñen unha vida emocional e cultural extraordinaria. A todas esas vilas fun reclamado polas historias que conto, Corrubedo, Corme, Bueu… porque alí estaban eles, os protagonistas do libro. Presentar un libro en Compostela ou A Coruña é magnífico mais nestas vilas do mar convértese nun gran evento se o protagonista é do lugar. A emoción compartida dos veciños é única. (…)
– SG: Como el, os percebeiros Paco Souto ou Suso Lista, do mar á escrita…
– XS: A potencialidade estética do mar é absoluta. O realismo máxico de Álvaro Cunqueiro non se trata de contar trucos senón de ser consciente de que vivimos en magnitudes que nos superan. Paco Souto, grande poeta, acabou sendo percebeiro e convive en plenitude coa natureza. Suso Lista con Salseiros transmite a emoción da persoa co seu labor.
– SG: Tamén á contra, escritores que foron ao mar como Valentín Carrera, Xavier Queipo, Jacobo Barros ou Xabier Paz e escribiron as súas experiencias.
– XS: Os ausentes de Castelton de Jacobo Barros foi reveladora. Todo está nesa novela, a dimensión astral do ser humano. A violencia, a tensión, a condición humana. As novelas de Xabier Paz teñen alento e fondura, como as de Queipo ou Carrera. Eu optei por escribir do mar desde a miña condición terrícola. Defendo que non é impescindíbel subir a unha marea do Gran Sol para contar historias do mar. (…)”
Vigo: presentación de O Gran Reino, de Eduardo Santiago
O venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase O Gran Reino, de Eduardo Santiago, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Eduardo Santiago: “O realismo puro e duro non me interesa como elemento narrativo”
Compostela: presentación de A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia, de Henrique Monteagudo
Lugo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
O venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, que estará a cargo de Ana Carreira Varela, representarase o espectáculo Womanizer, dirixido por Rubén Pérez Pombo, coa actuación de María Grandío e Brian Rodríguez Costas.
A Coruña: presentación de Poesias Escolhidas (I). Vozes de uma Alma
A sexta feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poesía Poesias Escolhidas (I). Vozes de Uma Alma. No acto, presentado por Manuel Miragaia, participan Adela Figueroa e José Estévez.
Carballo: actividades na Biblioteca Rego da Balsa para novembro e decembro
Ferrol: presentación de Breve História do Reintegracionismo, de Tiago Peres
A sexta feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7) de Esteiro, Ferrol, preséntase Breve História do Reintegracionismo, de Tiago Peres Gonçalves, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Maurício Castro.
Arteixo: presentación de Perdemos o tren, de Manuel Monge
Tabela dos Libros de novembro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, velaquí está a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»