Formulario e inscrición aquí.
Conversa con Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego
Desde a Radio Galega:
“Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Este coruñés nado en 1972 foi escollido tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas.
O seu propósito é conseguir aumentar os recursos económicos e humanos do Museo, recuperar todo o conxunto monumental de San Domingos de Bonaval e concluír a montaxe das novas salas de Historia, coa vista posta no 50 aniversario da institución, en 2027. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña, Lugo e Porto do Son: conferencias “A maxestade do Averno. O selo do romanticismo negro na arte galega e da Europa”, de Iria-Friné Rivera Vázquez, os 23, 24 e 25 de outubro
Nigrán: presentación de Serei os teus ollos Idomeni, de Exidio Cuíñas
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do moi estimado escritor e xornalista Manuel Vidal Villaverde, socio desta entidade
Manuel Vidal Villaverde, poeta e xornalista, faleceu o 19 de outubro.
Tiña participado en numerosos actos da AELG, nomeadamente nos Encontros Galeusca, dos que deu conta como profesional do xornalismo.
Na web da AELG pode consultarse información sobre a súa obra, así como acceder á súa Fototeca e Videoteca. Como parte do seu traballo crítico e xornalístico, están tamén dispoñíbeis varios artigos e entrevistas publicados na súa ampla traxectoria.
Destacamos especialmente estes vídeos onde falaba sobre as razóns que o levaron á escrita e sobre os referentes e lecturas que alimentan a súa obra:
A Coruña: presentación de Un amigo do pobo, de Nacho Taibo
Vigo: obradoiro literario con Francisco Castro, en ImaXinatea
Vigo: mesa redonda “No centenario de Xohán Vicente Viqueira 1886-1924”
Premios da Crítica de Galicia 2024
Parladoiro con… Andrea Fernández Maneiro
Entrevista de Martiño Maseda a Andrea Fernández Maneiro, desde Culturalia GZ (foto da autora: José Cuervo):
“(…) – Culturalia GZ (C): O primeiro poema de Meridiano Orixe, obra gañadora na 50ª edición do Certame de Poesía do Concello de Vilalba, di: Son gaivota.// Dende terra,/ illa e faro nárranme/ historias de monstros mariños. Como observa a Andrea carrilexa e poeta esas historias que a diario acontecen no mar ou fóra del, cheas de monstros que trafican coa vida humana ou que violentan a súa existencia?
– Andrea Fernández Maneiro (AFM): Co mesmo horror que se saíra do mar o mesmo Cthulhu tentando converternos en seres apeghados ás riquezas e á inmortalidade, á que nunca chegaremos afortunadamente.
Hai tantos lughares e mares cheos de cadaleitos de auga e area, dos que non se contan nos informativos porque quedan lonxe, e como non nos afectan directamente carecen de “importancia”. Loxicamente é inviable contalo todo, teriamos telexornais infinitos de desgrazas pero, a min, chégame o runrún e dóeme. Hai xa anos que procuro eludir o ler as novas, mais non podo evitar que me cheghen os estoupidos das bombas de Palestina, de Ucraína ou Iemén. Teño un oído sensible.
Os mares son lughares de traxedias e o peor de todo é que nós afacémonos a vélas, semella que estamos inmunizados e iso para min é case máis agresivo e violento.
– C: Na túa biografía da AELG dise que a túa vocación e profesión é locutora de radio. Mais a Andrea poeta ou escritora tamén ocupará un rol moi importante, non?
– AFM: Claro, todo é importante, pero relativicemos, non é tan relevante o que facemos senón se aquilo que facemos serve de algo, cousa que por outra parte eu descoñezo.
Polo tanto, a min todo o que fago sérveme para superar as frustracións de cotío e empatizar co mundo que me rodea.
– C: Sentes paixón por viaxar, e boa mostra diso é a constatación gráfica que traes de cada lugar que visitas, de cada emoción nacida nesas estadías exteriores. Entenderías (entenderíase) a túa esencia sen esa chamada viaxeira?
– AFM: Por suposto que non, eu son das que penso que viaxar (non viaxes organizadas) é importante se tes a intención de aprender algo, se conservas a capacidade de asombro e a curiosidade por outras culturas, pero sobre todo polas persoas, isto é o que me move; consegue que vaia perdendo prexuízos, que entenda (aínda que non comparta) outros xeitos de vivir, que, en moitas ocasións, me indigne (cousa ben sinxela para min) pero, por riba de todo , viaxar é o escravo que suxeita a coroa de loureiro sobre a cabeza do César, e que lle bisba na orella: “Memento mori”, para que non esqueza a súa irrelevancia. Se o pensamos ben somos irrelevantes no Universo.
– C: Xunguido ao anterior e desmitificando ese concepto de morriña, que semella apegado á natureza galega, nalgunha desas viaxes ficarías no lugar visitado esquecendo o anhelo de retorno?
– AFM: Ás veces penso que si pero, realmente, non. Eu preciso da miña terra, preciso do meu mar, da miña xente, preciso do Nilo, preciso do Corno de Ouro, preciso de Gelidonya… Todo o mundo é a miña casa pero son eminentemente Atlántica, como son “afoghacristos” e non podo reneghar da nosa costa.
Aínda lembro cando volvía á casa dende Santiagho e ao cheghar a Carril dende o tren “ollaba Cortegada deitada no mar”. Teño chorado máis dunha vez da emoción. (…)”
















