O
sábado 27 de outubro, a partir das 11:00 horas, terá lugar un Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa baseado no libro O amor que eu levei de Santiago, publicado por Toxosoutos. Actuarán como guías Yara Frateschi, Isabel Morán e José António Souto, autores do libro, saindo desde a Praza de Cervantes.
A inscrición pódese realizar a través de Sandra Quintana no teléfono 981528740 e no correo electrónico squintanar@santiagodecompostela.org.
Arzúa: presentación de As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes
O
sábado 27 de outubro, ás 21:30 horas, na Capela da Magdalena de Arzúa, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Pablo Vaamonde García e Che Turnes.
Boiro: presentación de Verde oliva, de Xavier Alcalá
O
venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Principal, 65) de Boiro, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia a propia Galería Sargadelos organizan a presentación da última novela de Xavier Alcalá, Verde oliva, publicada en Galaxia e o número 78 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto estarán presentes, xunto ao autor, Víctor Freixanes, María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo.
Entrevista a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga
“O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga.” Desde Xerais.
A Coruña: conversa sobre lingua, música e literatura entre Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro
O
xoves 25 de outubro, ás 19:30 horas, na Normal (Paseo de Ronda, 47), Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro inauguran o Espazo Escritorio desta entidade cunha conversa que versará sobre lingua, música e literatura en Galicia, coordinados polo xornalista Iago Martínez.
Vigo: presentación de Palabras de auga, de Marcos Calveiro
O
venres 26 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro Palabras de auga, de Marcos Calveiro, publicado en Xerais. No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro) e Manuel Bragado, xunto ao propio autor.
Celanova: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O
venres 26 de outubro, ás 20:00 horas, na Fundación Curros Enríquez (Casa dos Poetas) de Celanova, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012). No acto participan tres dos seus autores, Isaac Alonso Estraviz, Ánxeles Penas e Alberte Suras.
Santiago: Obradoiro literario, xuntanza de poetas e ilustradoras, o sábado 27
“Este
sábado 27 de outubro Implicadas realizará un obradoiro de poesía, de ilustración e de deseño gráfico para a elaboración dun libro de temática solidaria a realizar ao longo de 2013. O obradoiro será na EGAP (Santiago de Compostela) de 16:30 a 20:30 horas.
María Reimóndez, escritora e presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, será a encargada de guiar o obradoiro literario.
Para máis información ou para formalizar inscrición só tendes que enviar un correo a info@implicadas.com ou chamar aos números de teléfono 886111911 ou 606315071″.
Aurora Marco gaña o Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica
“O
venres 26 de outubro a Fundación Luís Tilve fará entrega dos galardóns anuais que levan o seu nome, na que xa é a sétima edición. O acto de entrega terá lugar no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 19:30 horas, e contará cos membros do Xurado, composto por: Fernando González Laxe, José Antonio Gómez Gómez, Salvador Fernández Moreda, Álvaro Ansias Bacelar, Carmen Avendaño Otero, Ana Romero Masiá, Tareixa Navaza González, Mª Xosé Rodriguez Galdo e Roxelio Pérez Poza; os cales acordaron que os premiados deste ano foran os seguintes:
– O premio Traballo Digno desta edición é outorgado a Xavier Fortes López.
– O premio Acción Solidaria outórgase ó Proxecto Bubisher.
– O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu no Museo do Pobo Galego.
– O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou na historiadora Aurora Marco López, polo seu traballo de investigación sobre As mulleres na guerrilla antifranquista galega, que recolle a traxectoria destas mulleres, do monte e da chaira, que colaboraron coa Federación de Guerrillas León-Galicia nas décadas dos 50 e 60, recuperando os seus nomes para facelas visibles a nosa historia. Este traballo deu lugar tamén a un documental titulado Silenciadas, realizado por Pablo Ces.”
Desde a Fundación Luís Tilve.
