Prazo de presentación até o xoves 14 de abril de 2011. As bases pódense descargar aquí: Bases do VIII Certame Literario Concello de Ames 2011.
Convocada a XVI edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
“A
Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada convoca a XVI edición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”, en honra do persoeiro estradense que lle dá nome, e co obxectivo de contribuír ao fomento e difusion da cultura na Comunidade Autónoma Galega, coas seguintes
1. Convócase o XVI Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
2. O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos.
3. A dotación económica do Premio será de 1000 euros. O premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias.
4. Ao Premio poderanse presentar traballos publicados ata o día 30 de xuño do 2011. O prazo de recepción rematará o día 8 de xullo de 2011.
5. Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, o/a autor/a e o medio, á sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada: Zona Deportiva s/n., 36680 A Estrada, Pontevedra, ou ao enderezo fecae@feiradomoble.com.
6. O xurado cualificador, presidido pola Directora Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, estará ademais integrado polos vogais que o Comité decida no seu momento e un secretario con voz pero sen voto.
7. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no mes de setembro. O premio entregarase na XXV Feira do Moble de Galicia, que terá lugar no mes de setembro.
8. O xurado poderá declarar deserto o premio.
9. Os orixinais non premiados, poderán ser devoltos, previa solicitude nun prazo máximo de trinta días a partires da data do fallo. A Fundación de Exposicións e Congresos, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados.
10. A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases.”
Rosalía de Castro: Revolución en forma e en fondo
Lugo: presentación de Cantos de docedume, de José Luís Calvo
O
venres 11 de marzo, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o poemario Cantos de docedume, de José Luís Calvo, publicado en Toxosoutos. Interveñen, acompañando ao autor, Isidro Novo e David G. Couso.
Laiovento, Positivas e Baía chegan aos 20 anos
Foro Achegarte 2011
Está aberto desde
xa o FORO ACHEGARTE 2011, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña o sábado 2 e domingo 3 de abril.
O contexto actual no que se desenvolve a cultura galega vén en boa medida determinado pola trepia que conforman a crise económica, a mudanza nos soportes e xeitos de produción, consumo e acceso cultural e a tensión entre a vontade de desenvolvemento da identidade galega e a tendencia homoxeneizadora que impón a globalización. Pensar que cultura e para quen, como construíla e que papel corresponde a cada un dos axentes (administracións, creadores, sectores profesionais, cultura de base, cidadáns) que nela interveñen quere ser obxectivo deste Foro que olla e analiza o contexto xeral fincado na experiencia e no compromiso concreto dos seus e das súas participantes.
Todas e todos podedes comentar unha das liñas abertas ou comezar un novo fío. As ideas serán recompiladas na rede durante todo este mes de marzo e levadas ás mesas de traballo de ACHEGARTE 2011, onde se converterán nun manifesto. Publicarase un vídeo conxunto da lectura de todos os manifestos e recollererase tamén nun documento de texto que será difundido na rede. As liñas dos foros son:
– ARTES ESCÉNICAS
– ARTES PLÁSTICAS
– AUDIOVISUAL
– LINGUA
– LITERATURA
– MÚSICA
– ORGANIZACIÓNS CULTURAIS
– SOFTWARE LIBRE
PROXIMAMENTE anunciarase a convocatoria para participar nas mesas de traballo de ACHEGARTE 2011.
Formularios de inscrición para Achegarte 2011
Xa está
disponible o FORMULARIO DE INSCRICIÓN onde artistas, librarías, editoras e asociacións culturais e outras organizacións poden inscribirse para ter un espazo en ACHEGARTE 2011, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña o sábado 2 e domingo 3 de abril.
Padrón: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 11 de marzo, ás 20:30 h., na Casa do Patín (Porto Fondo da Vila, 4) de Padrón, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e a Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá Sara Seco, acompañando ao autor.
Vigo: nova edición do Círculo Poético Aberto
O
sábado 12 de marzo, a partir das 21:00 h., no Café Uf “Negra Sombra” (rúa Pracer, 19) de Vigo, haberá un novo recital do Círculo Poético Aberto, promovido polo Grupo de Acción Poética Penúltimo Acto. A convocatoria está aberta a todo o público que queira participar. Para inscribirse pódense dirixir a este correo electrónico: penultimoacto@gmail.com.
Santiago: actividades do ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 12 de marzo, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terá lugar esta actividade: Martín Códax, o son das ondas, co seguinte programa:
12:00 | Relatorio: Giuseppe Tavani. Catedrático xubilado de Filoloxía Románica na Universidade La Sapienza de Roma. Especialista en lírica trobadoresca medieval, é o principal estudioso dos cancioneiros galego-portugueses. Recibiu entre outras distincións o Pedrón de Ouro e a Medalla Castelao, así como o doutorado honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
13:00 | Grupo de Música Antiga Martín Códax (30 minutos). O nome do grupo rende homenaxe ao noso autor protagonista, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo.
Presenta: Henrique Monteagudo. Profesor de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.