O xoves
10 de marzo, ás 20:00 h., na Fundación Barrié (Cantón Grande, 9) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, e dentro do ciclo Conversas con Gonçalo Byrne, terá lugar o coloquio Falemos de casas, con Manuel Rivas e o propio arquitecto portugués, Gonçalo Byrne. O moderador será Javier Armesto.
Henrique Monteagudo ingresará na RAG cun discurso sobre o futuro da fala
(Xornal)
A Estrada: presentación de Aníbal Otero, de Xesús Alonso Montero
O
xoves 10 de marzo ás 19:30 h., no MOME (Museo da Madeira e o Moble) da Estrada, e organizada polo Concello da Estrada e Edicións Xerais, preséntase Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto participa, co autor, Antón Santamarina.
Manuel González recibe o Premio Leixaprén polo seu labor
Inma López Silva: “Hai amor poscoitum e desamor precoitus. Eu descoñezo a tristura poscoital”
Entrevista
a Inma López Silva en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Calquera literaria e dramática, é en si unha obradoiro pechado, onde polo xeral, o espectador ou espectadora non son máis que iso. No teatro, sobre todo nalgún xeito de teatro, pódese investir esa realidade e o espectador formar parte da obra…?
– Inma López Silva (ILS): Si. Non todo o teatro é nin ten que ser así, pero si é certo que hai un teatro que aspira a que o espectador viva nel, atope a vida a través da súa experiencia como espectador, nunha comuñón co escenario derivada desa liña de teatro como vida. O que acontece é que hai unha gradación nesta experiencia que vai desde a frontalidade máis absoluta (a cuarta parede) na maior parte do teatro que podemos ver habitualmente, ata auténticas experiencias irrepetíbeis, coma as de Artaud nos anos 30 ou o Living Theatre nos 70, nas que o público entra na catarse de vivir a experiencia teatral desde dentro, e contradicindo a propia etimoloxía da palabra espectador. Entre eses dous extremos, hai experiencias, momentos, posibilidades, etc, que son as que nos marabillan e nos ocupan ás que estudamos o teatro. (…)
– GH: Memoria de cidades sen luz é para min, unha da grandes novelas do século que andamos e procuramos. Imaxínoa xa traducida a outros idiomas distintos do noso. Podes contarme algo da xénese e desenvolvemento desta novela que non se vai da memoria?
– ILS: Grazas por esa percepción con desexo incluído. Nótase que nos queremos ben! A novela xurdiu de varias ideas que, necesariamente, tiñan que confluír. Por unha banda, desexaba escribir sobre un tema que a min persoalmente me atormenta, o das mortes contra natura fundamentalmente os pais que ven morrer os seus fillos e a síndrome de Medea. De feito, durante moito tempo pensei en titular a novela Igual que Medea, aínda que ese título, na súa oralidade, logo me pareceu terríbel (aquí riría). Despois tamén tiña interese en lanzar unha reflexión sobre algunhas contradicións do galeguismo prerrepublicano, especialmente a que se refire á súa estraña relación co feminismo. E finalmente, por razóns persoais obvias, andaba fascinada co mundo da Francia dos corenta e dos cincuenta, cheo de personaxes fascinantes, loitadores, caraduras, fuxidos e artistas, todo iso imaxinado desde o mundo do teatro e mais desde a visión da galeguidade, de aí a figura de María Casares e o exilio. Se a todo iso lle sumas que non hai tema máis literario e máis interesante para contar o mal cás distintas guerras (sexan bélicas ou non), velaí che queda o ADN de Memoria de cidades sen luz.
Culleredo: III edición do Obradoiro de poesía dirixido por Miguel Anxo Fernán-Vello
O
III Obradoiro de Poesía de Culleredo será impartido, un ano máis, por Miguel Anxo Fernán-Vello, e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Culleredo e a Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo). O obradoiro constará de seis sesións, os luns 28 de marzo; 4, 11, 18 e 25 de abril; e o 2 de maio, cun total de 12 horas. Está dirixido a persoas maiores de 16 anos cun total de 30 prazas. A matrícula, que custa 20 euros, pódese formalizar na Concellería de Cultura (Edificio de Servizos Múltiples, (Ramón Cabanillas, 14, 15670, O Burgo), tlf. 981-665597, correo electrónico: servizosmultiples@gmail.com). Como en edicións anteriores, unha vez rematado procederase á edición dun caderno-libro que conterá unha selección dos mellores poemas escritos polos participantes en Espiral Maior (Poemas de amor e cidade no 2009, e Mazás vermellas en 2010).
Convocado o IX Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca o IX Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques, segundo as bases publicadas no DOG nº 41, do 1 de marzo de 2011. A súa dotación económica é de 6.000 euros para cada unha das súas dúas modalidades: teatro infantil e teatro para adultos. Así mesmo, a Agadic poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.
– O período de admisión remata o 3 de xuño de 2011. A decisión do xurado producirase antes do 30 de novembro de 2011.
– Dirixido a: persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo. Quedan excluídas as obras de teatro breve. Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2011 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores.
– Forma de presentación: Os orixinais deben remitirse dentro do prazo establecido á sede da Agadic en Santiago (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703) por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados. Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan. Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato.
– Documentación: Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan. No interior deste sobre pechado deberá incluírse:
* solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo que figura ao final das bases.
* fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
* declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior.
– Xurado: Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal da AGADIC proposto pola Dirección da Axencia.
– Criterios de valoración:
* Calidade literaria: 30 puntos.
* Calidade dramática: 30 puntos.
* Viabilidade escénica: 20 puntos.
* Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos.
* Coidado da lingua: 10 puntos.
Convocado o XX Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca o XX Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, segundo as bases publicadas no DOG nº 41, do 1 de marzo de 2011. A súa dotación económica é de 6.000 euros. Así mesmo, a Agadic poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.
– O período de admisión remata o 3 de xuño de 2011. A decisión do xurado producirase antes do 30 de novembro de 2011.
– Dirixido a: persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo. Quedan excluídas as obras de teatro breve e os textos para teatro de monicreques. Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2011 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores.
– Forma de presentación: Os orixinais deben remitirse dentro do prazo establecido á sede da AGADIC en Santiago (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703) por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados. Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan. Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato.
– Documentación: Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan. No interior deste sobre pechado deberá incluírse:
* solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo que figura ao final das bases.
* fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
* declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior.
– Xurado: Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal da Agadic proposto pola Dirección da Axencia.
– Criterios de valoración:
* Calidade literaria: 30 puntos.
* Calidade dramática: 30 puntos.
* Viabilidade escénica: 20 puntos.
* Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos.
* Coidado da lingua: 10 puntos.
Convocado o VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca o VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, segundo as bases publicadas no DOG nº 41, do 1 de marzo de 2011. A súa dotación económica é de 6.000 euros. Así mesmo, a Agadic poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.