“2ª man, de Antón Reixa, un poemario sen paisaxes inspirado en feitos reais”
Entrevista a Antón Reixa no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Non odias os luns, odias o capitalismo”, unha frase recollida no undécimo poemario de Antón Reixa: 2ª man.
O libro, que mantén a bandeira de perplexidade iniciada en 1976 con Rompente, destila unha certa melancolía, mais segue a sorprender coa súa constante subversión das palabras. Nun imaxinario almacén de palabras atopamos a Antón Reixa e o seu ultimo libro de poemas 2ª man, o seu undécimo poemario.
A entrevista pode verse aquí.”
Berta Dávila abre unha nova etapa con A ferida imaxinaria
Entrevista a Berta Dávila na Radio Galega:
“Berta Dávila preséntanos a súa última novela, A ferida imaxinaria, publicada por Edicións Xerais. A historia de dúas parellas de irmás distanciadas que atopan refuxio nas ficcións que elas mesmas constrúen. Un libro que abre unha nova etapa narrativa para a escritora (…). A entrevista pode escoitarse aquí.”
Compostela: Xornada “Financiamento europeo para o sector editorial galego”, o 27 de febreiro
“O vindeiro 27 de febreiro, a Oficina Europa Creativa Cultura do Ministerio de Cultura e a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan unha xornada sobre as oportunidades de financiamento europeo para o sector editorial e do libro galego.
Nesta xornada, presentaranse os requisitos e as bases da convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024, ademais dos formularios e o orzamento da solicitude.
A convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024 está dirixida a entidades legais do sector editorial e do libro. O seu obxectivo é apoiar a tradución, a publicación, a distribución e a promoción de obras europeas de ficción e cada proxecto deberá incluír un paquete mínimo de 5 obras literarias europeas de ficción, establecéndose tres categorías de proxectos segundo o seu orzamento e o volume das obras.
Por outra parte, tamén se exporán outras axudas do subprograma Europa Creativa Cultura que poden ser de interese para o sector: Culture Moves Europe, Proxectos de Cooperación Europea, Redes e Plataformas Europeas.
Lugar: Auditorio do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
Horario: 10:30 a 13:15 h.
Programa (galego)
Inscricións
Pode seguilo en streaming aquí.”
Vídeo da entrega do Premio Victoriano Taibo en abril de 2023
Crónica videográfica da XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral 2023 (1)
A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da inauguración da Xornada:
Carballo: ciclo de conferencias polo 25 aniversario do Instituto de Estudos Bergantiñáns
Bases do XXVIII Certame de poesía Francisco Añón
Entrevista a Victorino Pérez Prieto: “Prisciliano, un símbolo necesario”
Perspectivas e realidades: As faces do diamante, entrevista a Celia Díaz
Entrevista a Celia Díaz no Diario Cultural da Radio Galega:
“A escritora do Páramo Celia Díaz preséntanos o seu último libro, As faces do diamante. Editado por Galaxia, está composto por dez relatos cheos de segredos, vergoñas e decepcións dos protagonistas. Presentado por Begoña Vázquez e Isabel Freire. A entrevista pode escoitarse aquí.”