(Xornal, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Cultura Galega, Faro de Vigo).
Manuel Rivas: “Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva”
(Diario de Pontevedra, a través de Xerais)
Santiago: presentación de Conservas, de Daniel Costas Currás
O
martes 2 de novembro, ás 20:00 h., na libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, a Lonxa Literaria de Moaña presenta o libro conservas de Xosé Daniel Costas Currás, obra gañadora do XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do concello de Dodro e publicado pola editorial Sotelo Blanco. Soledad Ríos, presidenta da Lonxa Literaria presentarán ao autor e ao proxecto cultural da Lonxa. Asistirá á presentación, a escritora e coordinadora do premio Helena Villar, deseguido o autor fará un percorrido por diferentes poemas do libro.
Publican en inglés unha nova antoloxía con até 300 textos da literatura galega
Moaña: nova edición das Polafías
Vilalba: concesión do premio Chairego de honra a Felipe Senén López
O
sábado 30 de outubro, a partir das 12:00 h., no Muíño do Rañego, en Vilalba, celébrase unha mesa redonda sobre a figura de Felipe Senén, distinguido este ano como Chairego de honra, coa participación de Felipe Arias, Xoán Naveiro López, Xosé Neira Vilas, Francisco Pillado e David Otero. Organizado pola Irmandade Manuel María.
A Coruña: Carvalho Calero. De puño e letra, exposición-homenaxe da AS-PG
Do
sábado 30 de outubro ao martes 30 de novembro, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panaderas, 12) da Coruña, estará aberta a exposición Carvalho Calero. De puño e letra, organizada pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega con motivo do centenario do seu nacemento, como homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. A inauguración será o sábado 30 de outubro ás 12:00 h.
Vigo: Círculo Poético Aberto, polo grupo de acción poética Penúltimo Acto
O
sábado 30 de outubro, a partir das 21:00 h., no Café Uf “Negra Sombra” (rúa Pracer, 19) de Vigo, haberá un recital promovido polo Grupo de Acción Poética Penúltimo Acto, no que participarán, ademais dos membros deste colectivo, Iolanda Aldrei, Pere Tobaruela, Belém Grandal, José M. Garnelo, Gaspar Domínguez, e Alfonso Rodríguez, entre outros. Se alguén máis quere participar pode enviar un correo electrónico ao enderezo penultimoacto@gmail.com.
