Entrevista
a Bernardino Graña en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó mesmo tempo profesión e hobby?
Bernardino Graña (BG): É exactamente o que é.
GH: O escritor sempre ten un libro debaixo do brazo?
BG: Sempre ten algún libro, ás veces para documentarse sobre algo, e outras como unha lectura.
GH: Cando un está de vacacións adoitan vir á mente boas ideas para un vindeiro traballo?
BG: Ó estar de vacacións as ideas que fuches tendo durante o inverno valas plasmando máis e mellor.
GH: Como é o primeiro día de escritura tras a temporada de vacacións? Custa arrancar?
BG: Parece que eu fose un oficinista (risos). Son escritor, estou sempre coa profesión e co hobby, e sempre lle estou dando á cabeza, non me custa nada de traballo porque sempre estou traballando.”
A Coruña: Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María
O martes
7 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a partir das 20:30 h., celébrase unha cálida homenaxe á figura de Manuel María, LÚAS DE OUTONO, que quere ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Salvaterra: programa do XXIV Festival da Poesia do Condado
A Coruña: presentación de Ein Rosenfeure, das uns Verstört, 4 Dichter aus Galicien, 4 poetas galegos
O venres 3 de setembro,
ás 20:00 h., no Fórum da Fnac da Coruña, desenvolverase un recital con motivo da presentación da antoloxía bilingüe alemán-galego: Ein Rosenfeure, das uns Verstört: 4 Dichter aus Galicien, 4 poetas galegos, publicado polo Centro de Estudos Galegos de Kiel (Alemaña), no que intervirán os seus autores: Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xulio L. Valcárcel e Xosé María Álvarez Cáccamo.
Teresa Moure: “O pulo transformador”
Entrevista
a Teresa Moure en Galicia Hoxe
Ana Romaní: “A poesía desvélase”
Entrevista
a Ana Romaní en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Ten algún proxecto para a próxima temporada?
Ana Romaní (AR): Seguirei traballando no programa (Diario Cultural), e no que respecta a escribir imaxino que sairá cara a outono un novo libro de poemas. O libro titúlase Estremas e resúltame difícil explicar como é. Supón unha certa ruptura con respecto a libros anteriores ó tempo que continuidade. De tódolos xeitos creo que é moi recoñecible o universo de Arden. É o resultado dunha necesidade, teño unha relación cíclica coa escrita e escribo cando vexo que necesito dicir algo. Os poemas chegan, chegan eles e desvélanse. Empecei a escribilo hai un ano pero non porque fora unha decisión previa, senón porque tiven necesidade de escribir un poema e ese levou a outro, etc. (…)
GH: Para un escritor escribir é á vez unha profesión e un hobby?
AR: Non sei para outros, pero para min non é ningunha das dúas, non responde a esos modelos a miña vivencia. Creo que é unha necesidade, realmente.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
AR: Non sei. Haberá quen o teña, haberá quen non… Eu sempre procuro ter algún libro na mesiña de noite, no bolso, na bolsa da praia, no coche… En fin, a man.”
Rubén Ruibal: “Neste país importa máis o historial da compañía que a calidade da montaxe”
Entrevista e artigo sobre Rubén Ruibal en Xornal.
Vídeo do I Encontro Milpedras, en xullo do 2010 na Coruña
Este é o vídeo do recital de poesía, música e pintura, I Encontro en Milpedras, acontecido o 23 de xullo deste ano na Coruña:
Desde O Levantador de minas.
Concurso de relatos curtos da revista Ateneo Ferrolán
O
Ateneo Ferrolán pon a disposición do público a Revista Atenea para enviar un relato curto en galego (máximo 1 folio sen formatar coa temática UN ATÍPICO NADAL) que, de ser seleccionado, será publicado en xaneiro, nun número extraordinario de relatos curtos. Os interesados pódense pór en contacto coa revista (Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP 15402 – Ferrol (A Coruña), tlf. 981 357 970, fax 981 354 098) ou enviar por correo electrónico (secretaria@ateneoferrolan.org) o relato facendo constar o nome, enderezo e contacto antes do 10 de decembro de 2010. A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península. Máis información aquí.
