Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2026, o domingo 22 de febreiro

O acto central do Dí­a de Rosalía de Castro terá lugar o domingo 22 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela. A entrada é libre e gratuíta.

Este é o programa previsto:

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Lectura do Manifesto da AELG en 2026, pola súa autora, Eva Veiga.

– Lectura de poemas rosalianos.

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Ofrenda floral.

– Interpretación do himno.

Roteiro Deter o sol. Un paseo sentimental polo mar de Valdoviño, de Rosa Aneiros

O roteiro Deter o sol. Un paseo sentimental polo mar de Valdoviño, elaborado por Rosa Aneiros, pode consultarse e descargarse na páxina web da AELG, aquí. Esta actividade contou co apoio da Deputación da Coruña.

A Coruña: charla Irimia. Uma história rica de projetos, realizações e pessoas. 1978-2025, por Victorino Pérez Prieto

“O 18 de fevereiro, às 18h00, na Comunidade Cristã do Home Novo (Praza do Recife, 5, 4º B), terá lugar a charla Irimia. Unha historia rica de projetos, realizações e pessoas. 1978-2025, impartida por Victorino Pérez Prieto.”

A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2026

En colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda, o luns, segunda feira, 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro, terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, por parte de Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. O acto contará tamén con música do grupo de Cantos de Taberna da A. C. Alexandre Bóveda e coa actuación de Noite Bohemia. Esta actividade conta apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña