Armando Requeixo: “Cunqueiro é un autor cada vez máis apreciado pola súa escrita intemporal”
Henrique Rabuñal: “Todas as pólas da obra de Murguía conéctanse ao servizo da nación”
Entrevista a Henrique Rabuñal no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Nunca o ben que ti teñas che roube outro; Ai! que eses males, nos bos corazóns duran, eternidade”, son versos de ‘Nena das soidades’, os primeiros que Murguía asinou en galego, no ano 1854. Murguía o poeta, o historiador, o galeguista, o xornalista, o polemista, o compañeiro de Rosalía de Castro… Todos forman parte da figura de Manuel Murguía, a quen se lle rende homenaxe no centenario do seu pasamento. Hoxe tentaremos coñecer un pouco máis de estudoso infatigable a través de Murguía. Un século despois, o último libro de Henrique Rabuñal. A entrevista pode verse aquí.”
Outeiro de Rei: representación de Libre coma os paxaros, baseado nun texto de Rosalía de Castro
Ramil, Agolada: “Entroido 2023. V Lupercais na Eira da Xoana”
A Coruña: presentación do número 7 da revista Follas Novas
A Coruña: presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales
Corme: presentación de Amiga lúa, amigo mar, de Claudia Castro
Perugia, Italia: Estíbaliz Espinosa e Helios Vocca falarán sobre Poesía e astronomía
O venres 17 de febreiro, ás 17:30, a escritora Estíbaliz Espinosa e Helios Vocca, profesor do Departamentos de Física e Xeoloxía da Universidade de Perugia, falarán das cuestións máis poéticas que ofrece a astronomía. Será na Biblioteca de San Matteo degli Armeni en Perugia (Italia). O encontro enmárcase dentro das actividades que organiza o Centro de Estudos Galegos desta cidade. Entre os aspectos que se tocarán están algúns conceptos metafóricos como o da Vía Láctea, a materia escura ou os buratos negros, ou as imaxes do telescopio espacial James Webb. Para alén de lembrar as figuras máis sobranceiras da astronomía, achegaranse ás conexións entre esta disciplina científica e a poesía, con exemplos de Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Walt Whitman, Emilia Pardo Bazán ou Kobayashi Issa.