
Monforte de Lemos: recital das Comadres das Letras
Bases do IX Certame de debuxo e creación literaria Avelino Díaz
Compostela: presentación de O Pazo das Marismas, de Alberte Blanco Casal
“A espera. Dúas historias de amor”, de Iria Collazo, gaña o XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros
Desde Galaxia:
“O xurado do XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), reunido o 14 de abril de 2026 na Casa do Concello da Estrada, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra A espera. Dúas historias de amor, da autoría de Iria Collazo López.
O xurado destacou da novela a súa capacidade para mergullar o lector nunha poderosa historia de amor e desamor entre dous autores que se atopan na escrita e se afastan na vida.
Segundo recolle a acta, a obra presenta unha narración de grande forza emocional, que conduce por un carrusel de ledicias, tristuras, encontros e desencontros, debuxando un complexo mundo de relacións interpersoais no que ninguén sae indemne.
Tamén se salientou a súa escrita con profusión de citas literarias, o fino esmerilado dos dous períodos narrativos, a admiración pola contención expresiva e o esmaltado de prosa poética que percorre a novela, conducindo a un final climático que a pecha luminosamente.
O xurado estivo composto por Ánxela Rodríguez Rodríguez, Laura Paz Fentanes, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, actuando como secretario Carlos Loureiro Rodríguez. (…)”
A Coruña: presentación de Eu son de aquí e de alá, de Tamara Andrés
Vídeo da presentación en Vigo de Semente de vencer, de Darío Xohán Cabana
Vigo: Círculo de lectura en RioLagares, o 16 de abril
Lugo: palestra “A revolución galega de 1846: significado e relevancia histórica”, por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Andrea Nunes Brións: “Begoñísima lémbranos que a maxia máis poderosa é a que nace do colectivo”
Entrevista de Sergio Casal a Andrea Nunes Brións en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que achega Begoñísima á visión sobre a vida e obra de Begoña Caamaño?
– Andrea Nunes Brións (ANB): Esta publicación quere ser unha porta de entrada á figura de Begoña para lectoras e lectores novos. Non é propiamente unha biografía ao uso, senón un relato que intenta transmitir quen foi e que defendía Bego: unha muller comprometida coa lingua, co feminismo, co antimilitarismo e co xornalismo crítico. O libro busca achegar a súa historia dun xeito próximo e emocional para que as novas xeracións poidan descubrir non só a autora, senón tamén a persoa que era e o contexto no que desenvolveu a súa voz. Ademais, Begoñísima lémbranos que a maxia máis poderosa é a que nace do colectivo. É tamén unha homenaxe a todas as persoas que se organizan, que soñan xuntas e que transforman o mundo desde o coidado e a rebeldía.
– ND: Como persoa achegada a Begoña, que elementos destaca dela como escritora, como xornalista e activista e como persoa?
– ANB: Begoña Caamaño tiña unha enorme claridade ética. Como xornalista, foi unha voz moi lúcida e valente, sempre comprometida coa realidade do país, co feminismo, co antimilitarismo, coa defensa dos dereitos sociais e con moitas máis cuestións. Como escritora, tiña unha capacidade extraordinaria para revisar os relatos tradicionais e darlles unha nova perspectiva, especialmente desde as mulleres que quedaron nas marxes das historias oficiais.
E como persoa, destacaría a súa xenerosidade e a súa capacidade de escoitar o resto. Era alguén que acompañaba, que abría espazos e que facía comunidade arredor dela. (…)”






