A Coruña: encontro co xurado do Premio Torrente Ballester 2021
Compostela: recital poético e presentación de Desnortada, de Rosalía Fernández Rial
Vigo: entrega do premio Concurso Balbino de Relatos a Xosé Alfredo Naz Fernández
O Museo do Mar de Vigo acolle o venres 10 de decembro, ás 18:00 h, a entrega do premio Concurso Balbino de Relatos ao gañador desta edición, o vigués Xosé Alfredo Naz Fernández, nun acto que servirá de presentación da obra premiada, o libro Gumes entre a néboa, publicado por Fervenza.
“O galego: practicamente desaparecido na música que se escoita na adolescencia”
A Coruña: Mário Herrero Valeiro presenta a segunda edición de Guerra de Grafias. Conflito de Elites
A Coruña: presentación de Últimas tardes con Xohana, de Xohana Torres (adiado)
Ferrol: Gala de entrega do XIX Premio de poesía Afundación a Medos Romero
O 9 de decembro, ás 19:00 horas, na Sede Afundación de Ferrol (Praza da Constitución, s/n.), terá lugar a gala de entrega do Premio de Poesía Afundación a Medos Romero por E o sol era ela. No acto a gañadora recitará algúns poemas e proxectarase unha videocreación inspirada en A espera, de Argüelles, unha peza da Colección de Arte Afundación, cuxa imaxe ilustra a sobrecuberta do libro. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.
Finalistas dos Premios Xerais 2021
“O venres 3 de decembro tivo lugar a primeira reunión dos xurados dos Premios Xerais 2021 para seleccionar as obras finalistas. O sábado 11 de decembro, a partir das 12:00 horas, farase público o veredicto dos Premios Xerais 2021. O acto de veredicto e entrega será emitido en streaming.
O xurado da XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros, ao que concorren 44 obras e formado por María López Suárez (filóloga, correctora e tradutora), Iria Veiga Ramos (médica psiquiatra e divulgadora científica), Francisco Novo (xornalista da TVG), Irene Pin (xornalista e creadora audiovisual), Rosalía Grandal Montero (profesora de ensino secundario) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “O negociador”, “Seres queridos” e “Tritón”.
O xurado da XIII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, ao que concorren 14 obras e formado por Antía Paz Cabezas (xornalista), Violeta Meléndrez Doval (bookstagramer), Damián Alonso Lorenzo (formador artístico) María Rúa Rodríguez (creadora de contidos e estudante), Nee Barros Fernández (dramaturgue, poeta e estudante) e Ramón Domínguez Veiga (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “Cráter”, “Elefante”, “Irracionais” e “Meirás”.
O xurado da XXXVI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, ao que concorren 26 obras e formado por Bea Campos (actriz e contadora), Marta Fernández Carneiro (mestra e membro da asociación Espazo Lectura), Irene Pérez (estudante e bookstagramer), Iván R. (ilustrador), Daniel Portela (estudante de xornalismo e coordinador dun club de lectura xuvenil) e Anaír Rodríguez (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “Fóra a alma”, “O neno de lume” e “Protectora de espíritos”.”