A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do escritor Salvador García-Bodaño, Socio de Honra deste colectivo desde 2004
Salvador García-Bodaño, poeta e narrador prezado por todas e todos nós pola capacidade creadora e a súa achega incansábel para dotarnos de institucións culturais, sociais e políticas, vén de finar hoxe,7 de marzo de 2023. Segundo informou a familia, a capela ardente estará instalada no Museo do Pobo Galego das 11:00 ás 19:00 horas do mércores, cuarta feira, 8 de marzo. Ás 19:00 horas desde día, en San Domingos de Bonaval, celebraranse as honras da despedida.
Nado en Teis (Vigo) en 1935, foi vogal do Consello Directivo da AELG nos anos da súa fundación, sendo nomeado en 2004 Socio de Honra deste colectivo. Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1992.
A súa extensa obra, centrada nomeadamente na creación poética, recibiu numerosos premios ao longo da súa traxectoria.
Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra recitada polo autor na súa propia voz. das que salientamos esta entrevista de longa duración onde Salvador fixo un repaso demorado a toda a súa vida literaria.
Nas súas propias palabras, recollidas na autobiografía do autor na nosa web: “Fun sabendo quen era na medida en que vivía, ou, de poñérmonos transcendentes, funme coñecendo no propio vivir.”
(Esta foto pertence á Homenaxe O Escritor na súa Terra ao autor, por parte da AELG, en 2004).
O Carballiño: presentación de A árbore que dá as lágrimas de Shiva, de Cesáreo Sánchez Iglesias, o 10 de marzo
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2023 na Coruña
Estas son algunhas das fotografías do acto na Coruña do Día de Rosalía de Castro 2023, que tivo lugar o 23 de febreiro diante do Teatro Rosalía, organizado pola AELG e a A. C. Alexandre Bóveda, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Fina Casalderrey: “As miñas primeiras lecturas foron os contos que me relataban meu pai e miña tía”
Bases do XXI Premio Rafael Dieste de textos teatrais 2023 (o prazo de presentación acaba o 27 de abril)
Antón Riveiro Coello: “A imaxinación do escritor está tocada sempre polos acontecementos”
Antonio Tizón: “Cando se di que un asasino é un louco estase estigmatizando os enfermos mentais”
Follas Novas, por Ugia Pedreira
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2023 en Lugo
Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2023, que tivo lugar o 23 de febreiro, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, no Parque de Rosalía de Castro, diante do busto de Rosalía. O acto contou coa lectura do Manifesto da AELG escrito por Carme Adán e a lectura pública de poemas de Rosalía. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (grazas ás entidades colaboradoras e a Marcos López, de Viva Lugo, polas fotografías).


















