Gres, Vila de Cruces: Encontros literarios en Gres, con Antía Yáñez

A escritora Antía Yáñez protagonizará o domingo 26 de xaneiro a partir das 17:00 horas o terceiro dos Encontros Literarios organizados desde 2019 pola Fundación Xosé Neira Vilas na súa sede en Gres. O faladoiro vai estar conducido por Pilar Sampedro, membro do padroado da fundación e experta en literatura infantil e xuvenil Estas xornadas pretenden dar a coñecer as obras de autoras e autores da literatura galega e así mesmo explorar a influencia que tivo nelas a de Xosé Neira Vilas.

Vigo: visita guiada á exposición “Colmeiro. Espazos e encadramentos”, con Xosé Carlos López Bernárdez

O 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Museo MARCO de Vigo, terá lugar a inauguración da exposición “Colmeiro. Espazos e encadramentos“, seguida dunha visita guiada á exposición a cargo do comisario, Carlos L. Bernárdez.